domingo, 1 de enero de 2017

MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ [19.809]


Manuel Rodríguez López

Manuel Oreste Rodríguez López nació en Paradela (Lugo) el 11 de diciembre de 1934 y falleció en Lugo el 13 de febrero de 1990. Con tan sólo seis años emigró con sus padres a Barcelona, donde vivió la mayor parte de su vida. En 1987 regresó a Galicia para afincarse en Lugo. Hizo estudios de Humanidades y Filosofía en el Seminario Diocesano de Barcelona. Después estudió Contabilidad y Legislación Laboral, ejerciendo profesionalmente como Jefe de Personal de una empresa siderometalúrgica. Casado con Irene López Gómez y padre de dos hijos.

Desde muy joven sintió inquietudes literarias en gallego, influido por el amor que los catalanes sienten por su tierra. Lejos de Galicia, estableció contacto con la literatura gallega a través de los libros gallegos y también por medio de correspondencia epistolar con destacadas personalidades de la cultura gallega tales como Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Puente, Darío Alvarez Blázquez, Xosé María Alvarez Blázquez, Ramón Piñeiro, Anxel Fole, Leandro Carré, Manuel María, Xesús Alonso Montero, etc.

Su producción poética tiene lugar mayoritariamente a finales de los años sesenta y principios de los setenta. En esa etapa escribió tres libros de poemas (la publicación de uno de ellos se retrasó una década por ser censurado en 1969). Su último libro de poesías lo escribió a finales de los años 80 y se publicó póstumamente en 1995. Entre esos dos períodos, siguió escribiendo poesía esporádicamente, consiguiendo numerosos premios literarios entre los que destacan los primeros premios de poesía Meigas e Trasgos de Sarria (1976 y 1980), el Premio Xosé Mª Chao Ledo en el III Certamen Literario de Vilalba (1977) y el primer premio del Certamen Literario de Begonte (1985). En 2009 se publicó en un volumen su Poesía Completa. Varios de sus poemas fueron musicados y cantados por Suso Vaamonde, Xerardo Moscoso, Alfredo González Vilela y Mary Carmen Otero Rolle. Dentro de su actividad poética cabe también destacar su faceta de traductor, que emprendió meses antes de su fallecimiento con la traducción al gallego de L’Atlántida de Verdaguer (publicada postumamente por la Xunta de Galicia en 1995).

Manuel Rodríguez López también cultivó extensamente la prosa, bien escribiendo dos libros de cuentos ambientados en su Paradela natal (Reencontro coa aldea y Festas da Virxe das Dores de Paradela), bien como cronista de las actividades de los gallegos en Cataluña (dos libros publicados en los años 80, Galegos en Catalunya 1978-1982 y Galegos en Catalunya 2, fueron fruto de esta actividad) y bien como cronista de los viajes que hizo con Anxel Fole por tierras gallegas (Viaxes con Anxel Fole). Fue Cronista Oficial del Centro Galego de Barcelona, corresponsal en Barcelona de los diarios “Faro de Vigo” y “El Ideal Gallego”. Publicó gran cantidad de artículos en diversos medios de comunicación argentinos, en “El Progreso” de Lugo, “La Voz de Galicia”, en “Praza Maior” (portavoz del Ayuntamiento de Lugo) y en varias revistas del Centro Galego de Barcelona. En prosa, también consiguió diversos premios, destacando el primer premio Nós de Barcelona (1980), premios Meigas e Trasgos en Sarria (1977 e 1986) y premio en Baracaldo (1978). En los Premios Galicia de Xornalismo, quedó finalista en la sección de Reportaxe, en las convocatorias de 1985 y 1987.

Manuel Rodríguez López es reconocido en la tierra que lo vio nacer. En el año de su fallecimiento fue nombrado “Hijo Predilecto de Paradela” (también “Lucense del año 1989”). Sus restos mortales descansan en el Panteón de Paradelenses Ilustres en el cementerio de San Miguel de Paradela. El centro socio-cultural de Paradela lleva su nombre. Y desde 1995 se viene celebrando en Paradela el “Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López”.

WEB HOMENAJE A Manuel Rodríguez López    

OBRAS

Poesía

• Poemas populares galegos (1968)
• Saudade no bulleiro (1970)
• Soldada mínima (1979)
• Onte e hoxe vivencial (1995)
• A Atlántida (1995), traducción al gallego del gran poema épico catalán de Jacint Verdaguer.
• Manuel Rodríguez López. Poesía Completa (2009)
• Manuel Rodríguez López. Antoloxía Poética (2014)

Prosa

• Reencontro coa aldea (1983)
• Galegos en Catalunya 1978-1982 (1983)
• Galegos en Catalunya-2 (1985)
• Viaxes con Ánxel Fole (1988)
• Festa da Virxe das Dores de Paradela 1989 (1989)
• Volta a España a pé (1990), traducción al gallego del libro de Manolo Silva

Libros inéditos

• Historias, contos e xentes de Paradela
• Vivimos unha longa traxedia (pieza teatral)
• O Páramo
• Vacacions en Galicia: Vivir Galicia
• Lugueses
• Semblanzas de galegos ilustres

Colaboraciones en libros colectivos

• Homaxe ó Che (1970)
• A Nosa Terra (de "Libro de Oro", en el centenario de Ramón Cabanillas) (1976)
• Homenaxe multinacional a Castelao (1976)
• Galicia no ano 1979 (1979)
• José Mª Acuña (1983)
• Os escritores lucenses arredor de Fole (1986)
• Voces poéticas (1987)
• Paradela y su concello (1990)
• Aliad-Ultreia. Poesía. Pintura (1993)




POEMAS POPULARES GALEGOS (1968)


XANIÑO

XANIÑO,
coidas de minorías o meu canto,
que comprenden moi poucos
a linguaxe que eu falo.

Millor sería,
dis, que escribira ó xeito castellano
pra que me leran
os nosos e os estraños.

Te-la túa razón:
ólla-las cousas desde oposto plano,
tes moi bos sentimentos,
queres verme coroado
co trunfo
e por miles de beizos declamado.

Non percuro iso. Pódocho xurar.

Quen me deu folgos –como doe contalo–
pra escribir, non foi, non, a fácil gloria:
Foi a emigración que mágoa tanto,
a dor do noso pobo
de aldraxes farto.

Non teimei escribir pro señorito
nin pro rendista ni’o señor fidalgo
envolveito en amores,
con forte lume e bo xantar nos pazos.

Escribín, cheo de amor, prás nosas xentes
que, a forza, camiñaron
deica lonxanas, estranxeiras terras,
en percuro de pan e traballo,
fora dos pais e dos fillos,
nos corazóns sangrando.

Escribín pró labrego que inda ESPERA,
revolvendo terróns co vello arado,
a traballar de lusco a fusco, sempre...
pra comer sen compango.

Escribín na linguaxe adeprendida
xunto á lareira, de ña nai nos brazos.
Escribín, tal cal penso,
pra contarche millor o noso pranto.



QUE TEN O MENIÑO

QUE TEN O MENIÑO
que sen parar chora
coas maos na cariña,
de pé xunto á porta?

Pegoulle algún neno
pra quitarlle as bólas?
Quizais lle mordeu
o can a pelota?

Que ten o meniño
que sen parar chora?

Cediño, moi cedo,
na cara bicouna
pero a mai, calada
non daba resposta.

Seus ollos pechados,
sen coor a boca,
as meixelas brancas,
frías como a lousa.

O neno, moi cedo,
na cara bicouna;
a mai, dormidiña,
non daba resposta.



PRA DARLLE A DESPEDIDA

PRA DARLLE A DESPEDIDA,
unha fresca mañá,
encamiñeime, soio,
á Croa do Toural.

Enriba dun penedo
senteime, a cavilar,
ollando longas veigas,
montañas, ríos, vals.

Dende alí mirei pobos:
San Miguel e Suar,
Francos e Millerados,
Retorta e Cereixal.

Dende a Croa ollei soutos
restebas e toxals,
labregos con baldetas
sementando no pan.

Da amañecida ouvín
o cantar do alalá
e dos ledos carriños
o lonxano chiar.

Que grande o meu contento
mirando ó Sagrazal,
as chousas, as namelas,
os Carballos, os Chaos,
o Trobo, a Escadiña,
terras da miña mai.

Lástima que espertei
de tan ledo soñar
ó ver un corvo negro
agoirento, fatal,
camiño doutras terras,
a voar... a voar...



QUE FERMOSA A MIÑA PATRIA

QUE FERMOSA A MIÑA PATRIA
cos seus prados e ribeiras,
cos seus namelos e ríos
e coas súas carballeiras.

Que pracer enleva o peito
dende o cimo dunha rega,
dende o cume dun outeiro
nunha mañá pura e fresca.

Que deslumeante o solpor
cando bota lume a terra,
como gorentan os acios
que colgan das verdes cepas.

Que sans, que ledas e meigas
as rapaciñas galegas...

Que tristura a do emigrado
que degora a súa terra
e come pan estranxeiro
porque na patria llo negan.



PARADELA

FESTAS DE SAN MIGUEL E DAS DELORES,
campás da igrexa, ledas ou tristeiras,
camiños dondos, corgas costaneiras,
noites de luar, no vrao, longos solpores.

Namela onde collía brancas frores,
noces, figos, amoras das silveiras,
terra de mozas, ledas, cantareiras,
que tes que mórrome de mal de amores?

Terra que vai dende o Toural ó Loio,
veiga onde nacín, doce, verde cunca,
camiño do romeiro a Compostela.
Polo mundo emigrante, triste, soio,
estarei lonxe, pro... esquecerte NUNCA!
Patria dos meus antergos, PARADELA!



EU COMPRENDO QUE XURE O LABREGO

EU COMPRENDO QUE XURE O LABREGO
e maldiga o mal fado que o roe
esquecido de Deus e a Xusticia,
aburado por mil traidores;
nunha aldea perdida no mundo
isolado no medio do monte,
todo un ano traballa, traballa
pra vivir cheo de mágoas e dores.

O cacique, namentras, arranxa
do aldeano papés, pasaportes...
pra que emigre a lonxanos países
en percuro de libras e dólares,
e os coitados dos vellos e vellas,
cando xa cos seus anos non poden
fican soios nas súas casoupas
a chorar porque os fillos non volven.

Bo negocio albiscaron os Bancos
co traballo dos fillos dos probes
e os camiños abriron da Europa
pra que, escravos, pra iles aforren.
Non importa que a Patria non medre,
tanto ten que Galicia se escoe;
máis proveito deparan que a Industria
as divisas que mandan seus homes.

Danlle o dous de ganancia nun ano...
pero o triste, o que mais me conmove,
o que indigna meu peito mormentes
é que os cartos aforros do probe
son a forca que afoga ó aldeano
entre sabas de rosas e frores.

Non coidache, emigrante ou labrego,
que ti mesmo buscáche-la morte
ó entregar ó banqueiro os teus cartos
que lle rentan o cento por nove?

Fan pantanos e granxas e esmorgas
cos diñeiros que chegan de lonxe,
longas veigas enagan coa iauga.
«Se quers luz has pagar hasta os postes.»
O seu gando dará beneficios.
«Vendera-lo teu gando se podes.»

Iles viven en pazos na vila;
ti traballa pra que iles engorden.

Leva os cartos pró banco, que medran!!!
que ó final do exercicio recollen!!!

Non malgastes. Aforra pra vello...!
Terás viño e colleita se chove...



ONDE ESTÁN OS TEUS FILLOS?

ONDE ESTÁN OS TEUS FILLOS?
ONDE ANDA A MOCEDÁ?
que facedes, meus vellos, nisa pecha soedá?

Fuxiron a outras terras en percuro de pan;
enxamais ó seu pobo, quizaves, tornarán.
Traballaban, coitados, tod’as horas do día
na fogaxe do vrao e na crúa invernía,
pra manterse de caldo, cachelos e touciño,
na lama e no trolleiro fozando do camiño.
Indo ben as estrelas, dá perdas o centeo;
que choven os trabucos, afogantes... arreo...
O intermediario paga os pitos e as patacas
a prezos de miseria pra enche-las súas sacas
e o becerreiro gana nunhas horas de trato
o que o noso labrego perde por moi barato.
Fican pra monte as bouzas; cheos de toxos os soutos,
as ribeiras sen acios, o lobo inza os picoutos.
Non hai xeito de darlle. Non se pode amañar;
por iso os nosos fillos tiveron que emigrar.
«Hai que industrializarse, esquecer xeitos vellos...
concentración de leiras, pinos...» Cantos consellos!
Estadística dice que no agro sobra xente
e que o vinte por cento quedará escasamente...

Fai anos que te abura o mal fado, Galicia.
Trunfará, se non loitas, mil anos de inxusticia.
O gran señor das granxas devanou moito o seso
e volve o feudalismo co mandil do progreso.
Se axiña non esganas o Sino caciqueiro
que che atenaza a ialma e choe teu vieiro,
irás esmorecendo cal triste fol sen vento,
ollando como alanca veloz teu pasamento.



CASTRAPO

SI, MEU NENO,
Falan castrapo.

Son siñoras da vila.
Falan bruando.
Chaman ós seus meniños
cun berro estraño.
Empregan unha lingua
de xeitos raros,
deprendida na escola,
nos vellos pazos,
na botica, no cine
e no igrexario.

Pra distinguirse sempre
do probe aldeano,
interpoñen adrede
ise valado
entre a caste dos ricos
e a dos escravos.

Isas mais ós meniños,
anxos xogando,
ensinan o linguaxe
dos castellanos,
esmaiolado o probe
con erros tantos,
que un burgalés chorara
se ouvir falalo.

Elas coidan, ouh parvas,
que o castellano
abriralles camiño
ós fillos, doado,
e mañá fará diles
cregos... fidalgos...
Non saben que o seu circo
élles vedado
e en Castela tamén
o mesmo fado
atenaza ós que viven
do seu traballo.

Atende o rogo, neno,
que hoxe che fago:
Non cámbie-lo galego
polo castrapo.
Adeprende linguaxes
dous, tres ou catro.
Ingrés, ruso, francés
e castellano,
pro endexamais renegues
do idioma patrio.

O xeito pra varrer
o cacicado,
non se dá ca humildade
nin con alaudos,
que canto máis os louves,
ouh malpocado,
máis te esmagarán iles
ben esmagado.

A unión da nosa caste
fará o miragro;
desvencellados, somos
parias escravos.

Xamós e lacós sobran,
sobran regalos.

O que queira comelos,
poña o traballo.
Se iles son dunha caste:
«O cacicado»,
nós somos doutra caste:
«A do traballo».

Se iles falan e pensan
no seu Castrapo;
nosoutros falaremos
o Idioma Patrio.

Vencellados, meu neno,
nós, «Os escravos»
crebarémo-lo Sino
en mil anacos.



ARRENEGA CON FORZA

ARRENEGA CON FORZA,
muller galega!

Espreita o mundo ruín cheo de inxusticia
que te arrodea!

Esgana os ladroeiros!

Se te aguilloan, berra!

Os feixes de outonizo os teus cabelos
triparon dende nena.

O toxo arrabuñou
a túa branca perna.

Enlixáche-las maos
no estrume da esterqueira
e os teus cuadrís, dende meniña, anícranse
para acadar o froito dista terra.

Casaches cun escravo,
décheslle o teu amor, e á súa beira,
removendo terrós, criando pequenos,
xa chegaches a vella.

Hai leis no mundo?
É certo que unha luz no ceo latexa?
Cando alumará nistes peitos ermos
isa candea?

A probe Rosalía fai cen anos
con amor acendeuna;
mais a negrura
é pecha.

O seu brilo aduvíñase;
pero non queima.

Arrenega ben forte!

Rompe as cadeas!

Camiñaron teus fillos pró estranxeiro
e, co teu home, vello e ti xa vella,
namentres iles loitan polos sábados,
no barrelo arrolades unha neta...

Embázanseme os ollos,
muller galega!

Cada enruga, un degaro.
Cada caña, unha pena.
Os ollos, de chorar,
afundidos na testa...

De Rosalía a luz
por que non queima?

Maldice o mundo ruín cheo de inxusticia!
Rompe, rompe as cadeas!



SOLDADA MÍNIMA (1979)


CANTIGA Ó CARBALLO

OUH FRONDOSO CARBALLO SOMBRIZO
que por séculos deches aveños,
agarimo e quentura ó labrego,
alumea o meu probe cantar!

Amodiño queimándose os cepos,
o teu lume na anterga lareira
consolou os meniños e vellas
coa sagrada fogueira ancestral.

E nas maos do artesano galego
eres carro, eres grade e arado;
eres mango de sacha e machado,
faste cuba pra o viño gardar.

Longos anos ti fuches, carballo
o conforto das nosas aldeas;
a Galicia contigo está en deuda,
patriarca de cerna inmortal!



TI ES ETERNO

A Xulio Xiz
1º premio “MEIGAS E TRASGOS” (Sarria, 1976)

AGRO GALEGO,
paridor inesgotable de clorofilas,
paradiso sucado
por infindos regueiros
de seme ninfático
fertilizador das túas entrañas,
sempre disposto
a froitificar
en ricaces centeos,
frescos lameiros,
soutos acugulados de ourizos,
mestas carballeiras,
piñeirais aviados con traxe novo,
eucaliptos que se arrandean perto do ceo,
ribeiros e albariños gasalleiros,
figos celmosos
e hortas ateigadas de mantenza...
Ti es eterno.
Enxamais morrerás, agro galego!

A pesares do televexo,
da radio e das estradas,
que invaden teus currunchos
noutrora isolados,
a pesares da sociedá de consumo
que te materializa,
encadea,
masifica e domea
engaiolándote con feitizos,
barullos, gargalladas, firmas de letras
a pagar en tres, sete, nove meses...
A pesares da dignificación dos mitos
ti es eterno!
Inda que as túas donas acaden afogar a voz anterga
amamantada no sermo vulgaris;
inda que, desleigadas, se deixen cegar polo meiguizo
turístico-propagandístico-auditivo-visual
do «Viva la Vida», «Contamos contigo»;
inda que reneguen de ser un pobo diferenciado
e ensinen o castrapo ós seus nenos;
inda que se mergullen nos rechamos mendaces
alleos-trunfalistas que nos disipan...
ti es eterno!

Inda que se esborralle
o idioma arrequentado polo pobo,
a multisecular fonía céltiga
non morrerá!

Agro galego,
noutrora huchete choído
que atesourabas garimoso
as alfaias e pérolas do verbo
pulimentado nos beizos labregos,
está a chegar o intre da coitelada final!

Érguete!
Esfrega os ollos e arreponte baril!
Calca forte e altivo polos teus vieiros!
Faite irmandiño defensor da fala dos avós!



O VELLO OBREIRO

I

XA LEVAS SEIS ANOS FACENDO HORAS EXTRAS
coa teima de erguer unha casa xeitosa
e crear un fogar que te acolla e convide
con risos de nenos e meles de esposa.
As festas traballas con fe e sen acougo
erguendo paredes, poñéndolles portas,
pisando sobrados, tellando, pintando,
sumido na idea da próxima voda.
Da ialba á serán, acotío e con presas
mesturas con mágoas aforros e forzas,
achandas camiños e fendes penedos.
Teu sino está escrito. Non hai quen cho torza!


II

Con mil negaciós, sacrificios e a tumbos,
lograches facer a cativa casoupa.
Xa tes os teus fillos criados, meu home,
e ateiga de amor o teu lar unha dona.
Ficaron moi lonxe os destallos acedos,
rubiches da vida as montañas mais outas,
quedou no recordo aquil neno meniño
sentado no colo a escoitarche as estorias,
levouse o reloxe a meniña riseira
que enchía o teu lar de garulos e xoia.
Agora son iles que se abren camiños
con sudes arreo, con prantos e loitas.
O esforzo da vida enxamais topa fin...
A roda do tempo non cansa ni’acouga!


III

Chegache ós setenta e ninguén se decata
que aquil coitadiño petrucio da moca
que, a poucos, camiña nas rúas da vila,
gastou no traballo saúdes vizosas.
–Os nenos rebrincan e cantan e berran...
Con ledos chouchíos saíron da escola!
Ti espreitas, tristeiro, fiando lembranzas
e miras prás mans enrugadas... calosas...


IV

Moi perto rexouban dous mozos ye-yés...
Que verbas ouviches? Meu santo, ti soñas?
–Non sei por que Dios non arrampla cos vellos!
–Xa chama por il a podremia da foxa...!


V

O mozo que ledo facía horas extras,
o pai que contaba ós meniños estorias,
o avó que loitou toda a vida sen pouso...
non pode atallar o seu pulo... e chora!



CONTRATO

DE TRABALLO EN PERCURO,
dempois de longas camiñatas
polo arrabal fabril,
deche, ó fin, cunha porta franca.
As túas maos calosas
garabetearon nomes, datas;
namentras remuiñábanche
mil ideas na ialma:
Xornal, fillos, muller,
termar da casa,
catro meses baleiros,
comendo bágoas
porque a Crisis deixárate na rúa
sen doerse das entrañas...
Xa tés onde gañar o pan.
Traballas,
inda que a loita sigue
e as mouras inquedanzas;
que soio por tres meses
as túas maos contratan...

Os días voarán. O Paro,
cal noxenta pantasma,
con gargalladas cínicas,
AGARDA!



O LACAIO

ERAS FUME SOMENTES,
o derradeiro da oficina.
Vivías alugado,
recén casado,
nunha buhardilla.

Soupeche aloumiñar ó Xefe
e conxugache os verbos do lacaio
ó dreito e ó rivés:
«Anicrarse», «Lamber»
no futuro, en presente e no pasado.

Asulagando ós compañeiros
o teu xornal estalicouse máis
deica franquearche as portas do Consello.

A estrada do porvir
ten semáforo verde!
Tripa, esmaga, encadea,
magoante alferrón, fera
vixiante de intereses!

Dille ó burgués, sinxelamente,
que teñen voluntá,
pro fállalles a base. Dillo, faino!
Emprega a túa cínica piedá,
lizmacha porcallenta,
contaquilómetros
do parte diario
ó amo!



OS DÍAS DA SEMANA

LUS: ABRINTE COMENZO, SUMA E SIGUE,
principio dunha nova etapa
no decorrer monótono
de ensoñadas espranzas.

Martes: Estrada longa e costaneira,
chea de lama,
sempre a rubir
cara á meta lonxana.

Mércores: Parte o peito
nas fresas, nos taadros ou na fragua!
Gaña o pan! O traballo dignifica,
enxendra forza e rexenera a alma!

Xoves: De sol a sol cumpriches
coa túa cárrega;
cada quen terma
da súa canga!

Vernes: A mala estrela
abúrate onde quer que vaias
as inxusticias
son lousas que esmagan.
Sábado: Cobro mínimo. Non seña
que te arrepoñas. A soldada
ha ser xusta. A cubiza
o esprito emporcalla.

Domingo: Día santo. Prega os xionllos!
ergue unha oración de gracias;
que tes saúde e tes traballo,
respiras, ollas, soñas... Non che basta?



NEGAREIME

PRA QUE VOU A CANTAR DO BURGUÉS,
larpeiradas, enchentas e frores?
Como pode empolar o meu peito
unha cántiga ollando mil dores?
Mariñeiros que engulen os mares,
silicosos mineiros que morren,
picariños que están sen escolas,
sen futuro, sen xeito e sen norte...
Con que liras pregades que cante
cando todas están desacordes?
Ergo os ollos e vexo manobras
a xantar, sen compango e sen postres,
enzoufados no chao pra seguir
traballando sen folgo astra a noite.
Ás mañás o arrabal formiguea
–entramentras o rico inda dorme–.
No taller un cronómetro fai,
asañoso, teimudos controles.
Tal becerros na feira do quince,
en camiós e autobuses os homes
sán das fábricas méntra-los xefes
ruben, fonchos, nos rápidos coches.
–Hai escravos que sirven ós ricos
dende a ialba fozando hastra a noite–.

Como pode empolar o meu peito
unha cántiga ollando mil dores,
Que tristura o vivir dos obreiros...!

Que de aldraxes esmagan ós probes...!
Negareime a cantar e rezar
mentras haxa quen xure e quen chore!



NADAL: UNHA ESPERANZA

I

NUNHAS PALLAS ESPIDO,
a carón de María
o meniño gralea
e xoga coas manciñas.
Aldeáns e pegureiros,
sen medo á noite fría,
sabedores da Nova,
reloucan de ledicia
e achéganse ó Ruliño
con présas e a porfía
pra ofrecerlle regalos
e cantar panxoliñas.

Que de ensoños e festa,
de amor e algarabía!
Que fermoso o Deus-Neno
no colo da naiciña!


II

O pobo asoballado
agardaba ó Mesías
pra librarse de Herodes,
dos fariseos e escribas.
As concencias sinxelas
crían nas profecías
e benzoaban ó Pícaro
que algareiro sorría;
pero a Teocracia,
xorda ás verbas divinas,
non cre nos libros sagros...
Predica hipocresía!
Iles soñan co rei
do Imperio Israelita...
Non cavilan no pobo
que reclama Xusticia!


III

Xa ruaron moitismos Nadales
coa estreliña alumando o carreiro
que conduce ó barrelo do Neno
–Sinxeleza, Virtude e Amor–.

Gran rebumbio e ledicia no pobo,
esperanza de paz e irmandade...
Cada inverno rexurde o milagre,
flor dun día que axiña murchou.

Caifás e Pilato perxuran!
É falseira a lembranza do Rulo!
Barrabás anda ceibe no mundo
e a Xusticia agoniza na Cruz!



VESTIDA DE ALDRAXE

VESTIDA DE ALDRAXE E MOURAS CUBIZAS,
de inxusticia arreo e eternas perguizas,
preñada de roubos, chea de ruindade,
afógame a bosta desta sociedade.

Os sete pecados a mallar nos servos,
alancan de cote fonchos e soberbos
trunfa a luxuria e medra o ladrón
e campa o usureiro e vive o lambón

Prós nosos meniños agroman, coitados,
futuros de bágoas con fel mesturados:
Ni’escolas ni’industrias, nin cencia ni’abeio...
Un corgo lles queda: Fuxir ó estranxeiro!

E aínda hai poetas que cantan as frores
e falan de meles e ensoñan amores
e alaudan e gaban e baten as maos
e din, a porfía, que somos irmaos.



A EMIGRANTE

1º premio de poesía do IIICertame Literario de Vilalba (1977)

I

ONTE CHEGACHES PRA PEDIR TRABALLO
á gran cidade; que deixaches, dona,
os cativiños e o marido lonxe
nunha casoupa.

No asfalto e no rebumbio mergullada,
ninguén enxoita as bágoas que che escoan,
ninguén cavila na tristura infinda
que te aferrolla.

A túa ialma esnaquizada zuga
o fel acedo do emigrante sino,
e a todas horas, soia en terra allea,
soñas cos fillos.

Il non ten saúde; que a perdeu moi novo
tronzando toros, removendo pedras,
rozando toxos e cavando a bouza
na probe aldea.

Somentes quedan os teus brazos rexos
pra erguer a casa asulagada en tebras;
coitados nenos, de farrapos cheos...
como langrean!


II

Da noite roubas horas de descanso
e fas roupiña prós meniños teus;
comes codelos pra aforrar os cartos
do longo mes.

Non es ti soia! Se somentes ti
o fel beberas da inxusticia moura,
que abura un pobo, que atanaza a raza,
que nos esfola...

Donas e mozas a milleiros fuxen
a terra estraña, percurando o pan;
que as leis non valen pra sandar as chagas
do probe lar.

Fica ermo o pobo. Soio quedan vellos,
homes eivados, silvas, corgas, nenos...
Galicia é fonte que somentes deita
prantos tristeiros


III

Non canto á dona que no pazo folga.
Non louvo, NON, a enseñoreada lurpia
nen a burguesa que esqueceu a lingua
e a caste súa.

O meu poema, mesturado en sangue,
alauda a probe e a emigrante cansa
do vieiro longo, do camiño choído,
desfeita en bágoas.

Eu canto á dona que en lonxanos eidos
soña os seus nenos!

Eu canto á moza que en cidade allea
soña coa aldea!

Eu canto á avoa que acanea a filla
da súa filla!



ONDE ATOPAR A POESÍA?

Adicado ó meu fillo Santiago

I

ONDE ATOPAR A POESÍA?
Na fror? Nos sentimentos? Na paisaxe?
No amor quizais? No corazón talvez?
No lumbrigar do día? No solpor?
A inspirada palabra do poeta
fai milagres. Il pode, sen esforzo, doadamente,
escolmar a bondade,
ollar a fermosura
sentir no máis profundo
o latexar da ialma.
O poeta é capaz de enfeitizar
no seu laboratorio espiritual
a podremia da flor,
a ruindá dun corazón...
O poeta, no crisol das súas químicas,
sempre adiviña a poesía.
Pero, onde se alcontra
a cheas, rebordante e pura?


II

Nos brazos dunha mai,
o meniño riseiro
é poesía.
Nos parques e xardís,
cheos de barullos e gralear de nenos,
existe a poesía.
No fogar e na escola,
nos camiños e rúas,
onde se alcontra un neno,
sentiredes o celme da poesía.
Cando iles bican
e mesmo cando choran,
seus sentimentos son tan verdadeiros
que deitan poesía.
Sen picariños,
do amor as fontes cegarían
e a poesía morrería.



A CHÉ GUEVARA MORTO

TIÑA UN XORNAL NAS MAOS,
BÁGOAS NOS OLLOS,
carraxe nas entrañas e bulleiro.
«Finouse o Ché Guevara, o guerrilleiro»,
lin no papel. Tremábanme os xiollos,

magoado e apreixado por ferrollos,
esmagado co crime sanguiñeiro.
Anoxado preguei: «Érguete, obreiro!
Despabila, aldeán; faceivos mollos!

Eis que chegou o tempo da vinganza!
Pola Paz e a Xusticia berrai forte
nas fábricas, nas cátedras, nos agros;
que tornarase pomba de esperanza
o abrente que soñou. E a súa morte
postergará os apócrifos milagros!»




SAUDADE NO BULLEIRO (1970)


OUH GALICIA DO ALÉN QUE TE ESQUECES

OUH GALICIA DO ALÉN QUE TE ESQUECES
dos irmaos abafados nas chouzas,
nas cidades, ribeiras e pobos
cheos de cangas, sen norte, nas sombras.

Non escóita-los prantos do vento
a chorar nas fendechas das portas?
Non tes mágoa dos nenos que medran
enfouzados na lama das corgas?
Ti que fas, emigrante galego,
pra rachar as enleas que afogan?
Os teus beizos non berran acedos
contra as chagas que deitan pezoña?
Arrenegas da raza de Celta?
Dis que sintes do berce vergoña?
Onde están os vencellos que xunguen
pra forxar unha Patria sen coitas?
Non te lembras dos peitos da mai
e perdiches da caste a memoria?

Porque vives millor, inda lambes
a quen pecha o teu lar e te bota
ós rochedos do mundo en demanda
dun recanto e dun chisco de esmola?

Cando coidas erguerte, Galicia,
no Alén Mar emigrada e na Europa?
Cando vas espilir a priguiza
e brandear a Bandeira con forza?

Mentras durmes nun sono molengo,
a xiada devala asañosa
nas bisbarras da terra dorida,
esfameada e sen azos prá loita!

Escorrenta o malfado e acórrenos!
Destemida, desprega e arbola,
como un facho na noite emboutada,
o Pendón que nos leve á Vitoria!



GOZOS DA VIRXE DO CARMELO

VIRXE SANTA DO CARMELO,
avogosa mariñeira;
atende o rogo sinxelo
das aldeas da ribeira.

Polos Cravos da Paixón,
escoita a nosa oración!

Ti podes tornalos vivos,
ceibes das gorxas do mar
que, con arrautos altivos,
os quixera asulagar.

Polos Cravos da Paixón,
escoita a nosa oración!

Arrepiante berra e brúa
e avanta estarrecedor;
da morte a friaxe crúa
ergue remuíños de dor.

Polos Cravos da Paixón,
escoita a nosa oración!

Esfachícanse en migallas
polo mar lúas e estrelas;
arrinca mastros, fustallas,
e engule, fero, gamelas.

Polos Cravos da Paixón,
escoita a nosa oración!

Válenos, nosa Santiña,
Santa mai do Redentor;
tráino-los homes axiña
polas Chagas d’El Señor!

Polos Cravos da Paixón,
escoita a nosa oración!




ONTE E HOXE VIVENCIAL (1995)


QUERO SER CEIBE

CON LINGUAXE DIRECTA E ESPIDA
tecerei un cantar transparente
alonxado de círculos pechos
e artificios verbais que me arreden
do posible lector.

Canto a historia
do Conventus romano lucense
con palabras sinxelas e claras,
comprensibles a tódalas mentes.
Non me importan do crítico estéril
os xuícios.

Eu quero ser ceibe.
Que eles sigan a dar luz e incenso
ás vangardas e escolas que emerxen
ondequera.

Nihil novum sub sole.
Son consciente.



LUCUS AUGUSTI

CIDADE MULTICÉFALA, ROMANA
na coroa, no centro medieval,
nas vagoadas do Miño señorial,
extra muros moderna, áxil e ufana.

Outra non hai igual nin máis galana,
castro sagrado, Lucus ancestral,
sinfonía de pedra e de cristal,
bimilenaria, imperial e humana.

Éme fácil cantarche, meiga vila,
porque es acolledora, branca e pura
e colmas meus anceios con fartura.

Es coma un sol radiante que escintila
e me redime con latente lume
deste longo vivir cheo de acedume.



O MUÍÑO DA FERVEDOIRA

ESQUECIDO NO FONDO DUNHA REGA,
esborrállase o muíño fariñeiro
tradado pola couza no farneiro,
na buxa, na peneira, na moega.

Xa non se lembra da última fanega
de molaxe trocada en pan albeiro,
nin a frescura sente do regueiro
que á súa beira rápido escorrega.

Non deixa a mesta fraga ve-lo ceo
nin o solpor nin a brillante aurora
e, por veces, ecoa un longo ouveo.

O seu monótono treinar, noutrora,
invitaba a ruar e ó parrafeo.
Que só e abandonado fica agora!




MÓNICA

CANTO AGARIMO CHE TIÑAMOS TODOS:
pais, irmás, familiares e veciños.
Que doroso silencio ó rededor
do teu anxelical corpo durmido,
perfumado por miles de claveis
e esperanzados rezos do máis íntimo.

Fúcheste moi noviña para o alén
para morar nos eidos dos espíritos;
con nós quedou a inesquecible dor
de ver qué inxusto foi o teu destino,
qué pouco che durou a primavera
e o gozo de vivires entre amigos.

Unha calada procesión de xentes
acompañoute triste e paseniño
moi preto dos atallos que noutrora
tripabas, leda coma un asubío,
para ir á escola, ti tan estudiosa,
coñecedora do pracer dos libros.

No cume do agro láiase a nogueira
e as sebes verten bágoas fío a fío
nestas mañás cinsentas e orballadas,
porque botan de falta o teu sorriso
camiño do colexio coas amigas
e ó voltares ó lar cheo de agarimo.

Tan nova –doce abriles–, qué enteireza
demostraches nos póstumos escritos,
diario dunha intensa curta vida,
exemplo de bondade e sacrificio...

Que non choremos, pides amorosa.

De que xeito podemos conseguilo?




OUTROS POEMAS


GABANZA DO PORCO

Accésit e diploma de Honor do Concurso Literario Nacional
de Gastronomía (Lugo, 1980)

MANTENZA SEN PARELLO EN MÁIS PROVEITOS:
Entrecosto, lacón, raxo, cacheira,
Soá, pernil... forteza milagreira!
Obrigado xantar de nobres peitos!
N’abondan pra cantarche épicos xeitos,
Doce ritmo nen musa gasalleira!
É tal a regalía feiticeira
A que nos tés adoito tan afeitos...
Lambeteiras filloas, chicharróns,
Botelo, rabo, orellas e chourizos,
Enchentes de compangos e frituras,
Rito e consagración... Os corazóns
Tolean co teu cheiro e teus meiguizos,
Ouh porco, pai de esmorgas e farturas!



NEOPLASIA

1º premio “MEIGAS E TRASGOS” (Sarria, 1980)

I

POUCAS HORAS CHE QUEDAN DE FOLGO...
Engurúñame o peito somente pensalo!
Non che vale a menciña, meu rulo,
nin a cencia te pode salvar.
Que pecado fixeches,
que ruindade,
pra sufrires no abrente da vida
as angurias
da agonía?


II

Canto engado no riso dun neno!
Mesmo as verbas que empregan as mais
pra falaren cos fillos
–meu chorón, meu tesouro, luceiro,
picariño, ña xoia, meu ben,
galopín, bule-bule, meu cuco,
toleirón, churrusqueiro, meu rei–
son o celme de todas as linguas,
o requinte que agroma
nas vivencias máis puras do peito!
É posíbel que trunfe a podremia
nas fermosas meixelas dun neno?

III

Maldizoado o meigallo
que infestou o teu sangue
e murchou a souril regalía
dises ollos saltós!

Maldizoado o destino, abellón a zugar
no roibén dos teus labres! Malhaxa
isa lurpia noxenta
que sementa arrepíos de MORTE!



MOURA UTOPÍA

ENGADO DE VIVIR, LUZ, COR, VIRTUDE,
riso engaiolador dos picariños,
premios, futuro, arrecendentes viños,
afervoamento, ilusión, saúde,

algareiros rapaces, multitude
de turistas nas praias, aloumiños
de amor, ledos paxaros en remuíños,
celestial música de grave laúde...

Espellismos ilusos no deserto!
Alancar en percura do pracer,
anceiar imposibles atalaias...

...todo é moura utopía e nada é certo
inda que nos sintamos renacer
e nos enfeiten pérolas e alfaias!

No meu corazón fixo estrago a Morte,
esa realidade que a cotío,
como espantallo mouro e fuxidío,
de aquí para acolá, sen fixo norte,

anda á pillota e chúfase de forte.
De acedume eterno manantío,
sen acougo, famenta, fío a fío,
novos e vellos trata de igual sorte.

Ata nos fai engaiolar coa ciencia
para a risa facer de todos nós
porque é traidora, cínica e ruín.

Mentres teñamos lúcida conciencia
–matou ó noso pai, deixounos sós–
habémoslle botar pragas sen fin!



XOGADE, POMBIÑOS GARULEIROS

NON CANSEDES DE XOGAR,
seguide, destemidos cabaleiros
enriba da vasoira,
galopando en procura de fantásticas
vitorias e trofeos.
Xogade ó taborete, a pillar,
á pita cega, á billarda,
ós marcos e á estaca,
a quen máis corra
e resalve máis sebes.

(Ti que estás no taborete,
que comiche?
–Pan rolete.
–Darasme un pouco del?
–Darei, darei. Sube ti, que eu baixarei.)

Da natureza disfrutade ás cheas,
enchede os peitos de saúde
e que as vosas meixelas
semellen o roibén dun sol noviño.
O mundo é voso. Sodes merecentes
de tódolos engados
que enfeitan o universo
–luz, amor, vida, forza, poesía–
porque tedes sinxelos sentimentos
e o voso corazón é nobre.
Libres de anceios porcallentos,
ignorades o fraude e a cobiza
dos maiores, que están a esborrallarse
e son quen de matar,
de facer traizón ós irmáns
–afán de mando, guerras, polución–
porque se coidan deuses inmortais
domeadores da materia.

Xogade, pombiños garuleiros,
coas escumas do mar.
Barullade nos parques das cidades,
ceibade gargalladas e aturulos
nas aldeas da nosa Terra,
berrando polo amigo.
Que os homes vexan
que a irmandade e o amor
aínda existen!

(Ti que estás no taburete,
comiche pan de coxete?
–Eu comín, comín e ti rabeas
por il.)

Déspotas e tiránicos,
tal robots teledirixidos
por líderes de barro,
refugan as olladas garimosas,
mófanse da inocencia
e dos peitos afoutos.
Son egoístas
e o peor, sabedes?
son almas mortas, secas, sen miolo,
mergulladas na lama,
que gozan fozando na carniza.
Vós tedes o futuro nas mans.
Vós sodes a semente
que froitificará
nun porvir ventureiro.
Xogade,
e que as vosas meixelas
agoiren o anceiado triunfo
do amor!




POR HOXE DÉIXOTE

POR HOXE DÉIXOTE,
pro non coides, Xaniño,
que xa ten rematado o meu cantar.
Pasa o vento peiteando o millo,
ciscando as follas,
agarimando a iauga inqueda,
que emigra esconsolada polo Miño.
Funga, ouvea, zorrega,
acouga novamente, faise bico
nas ponlas
dun edoso castiro...

Esperta o sol cheo de roibéns
e enceta
xeneroso o camiño,
alumando a maos cheas,
espallando benzós e risos.
Un día embrúllase na brétema,
outro xoga a facer lenguas e guiños,
arrequenta ás vegadas. Outras queima
e fai suar a fío.

Igual
o meu esprito
outro vento, outro sol,
murcho ou con brilo,
zoando ou calado,
está sempre contigo!







La poesía y la prosa de Manolo Rodríguez han recibido numerosos y merecidos galardones a lo largo de su vida.





Premios de Poesía


1º premio "MEIGAS E TRASGOS" de Sarria, polo poema "TI ES ETERNO" (1976)

TI ES ETERNO

A Xulio Xiz

Agro galego,
paridor inesgotable de clorofilas,
paradiso sucado
por infindos regueiros
de seme ninfático
fertilizador das túas entrañas,
sempre disposto 
a froitificar
en ricaces centeos,
frescos lameiros,
soutos acugulados de ourizos,
mestas carballeiras,
piñeirais aviados con traxe novo,
eucaliptos que se arrandean perto do ceo,
ribeiros e albariños gasalleiros,
figos celmosos
e hortas ateigadas de mantenza...
Ti es eterno.
Enxamais morrerás, agro galego!

A pesares do televexo,
da radio e das estradas,
que invaden teus currunchos
noutrora isolados,
a pesares da sociedá de consumo
que te materializa,
encadea,
masifica e domea
engaiolándote con feitizos,
barullos, gargalladas, firmas de letras
a pagar en tres, sete, nove meses...
A pesares da dignificación dos mitos
ti es eterno!
   
Inda que as túas donas acaden afogar a voz anterga
amamantada no sermo vulgaris;
inda que, desleigadas, se deixen cegar polo meiguizo
turístico-propagandístico-auditivo-visual
do «Viva la Vida», «Contamos contigo»;
inda que reneguen de ser un pobo diferenciado
e ensinen o castrapo ós seus nenos;
inda que se mergullen nos rechamos mendaces
alleos-trunfalistas que nos disipan...
ti es eterno!

Inda que se esborralle
o idioma arrequentado polo pobo,
a multisecular fonía céltiga
non morrerá!

Agro galego,
noutrora huchete choído
que atesourabas garimoso
as alfaias e pérolas do verbo
pulimentado nos beizos labregos,
está a chegar o intre da coitelada final!

Érguete!
Esfrega os ollos e arreponte baril!
Calca forte e altivo polos teus vieiros!
Faite irmandiño defensor da fala dos avós!


1º premio do Concello de Vilalba, polo poema "A EMIGRANTE" (1977)

A EMIGRANTE

Onte chegaches pra pedir traballo
á gran cidade; que deixaches, dona,
os cativiños e o marido lonxe
nunha casoupa.

No asfalto e no rebumbio mergullada,
ninguén enxoita as bágoas que che escoan,
ninguén cavila na tristura infinda
que te aferrolla.

A túa ialma esnaquizada zuga
o fel acedo do emigrante sino,
e a todas horas, soia en terra allea,
soñas cos fillos.

Il non ten saúde; que a perdeu moi novo
tronzando toros, removendo pedras,
rozando toxos e cavando a bouza
na probe aldea.

Somentes quedan os teus brazos rexos
pra erguer a casa asulagada en tebras;
coitados nenos, de farrapos cheos...
como langrean!


II

Da noite roubas horas de descanso
e fas roupiña prós meniños teus;
comes codelos pra aforrar os cartos
do longo mes.

Non es ti soia! Se somentes ti
o fel beberas da inxusticia moura,
que abura un pobo, que atanaza a raza,
que nos esfola...

Donas e mozas a milleiros fuxen
a terra estraña, percurando o pan;
que as leis non valen pra sandar as chagas
do probe lar.

Fica ermo o pobo. Soio quedan vellos,
homes eivados, silvas, corgas, nenos...
Galicia é fonte que somentes deita 
prantos tristeiros.


III

Non canto á dona que no pazo folga.
Non louvo, NON, a enseñoreada lurpia
nen a burguesa que esqueceu a lingua
e a caste súa.

O meu poema, mesturado en sangue,
alauda a probe e a emigrante cansa
do vieiro longo, do camiño choído,
desfeita en bágoas.

Eu canto á dona que en lonxanos eidos
soña os seus nenos!

Eu canto á moza que en cidade allea
soña coa aldea!
  
Eu canto á avoa que acanea a filla
da súa filla!




3º premio do III Concurso Poético de Begonte polo poema "PELENGRINOS AO BELEN DE BEGONTE" (1980)


PELENGRINOS Ó BELÉN DE BEGONTE

I

Debullando cantares
os vieiros de Galicia
acoden a Begonte 
choutando de ledicia.

Os ventos do Cordal
e os da Cova da Serpe
repican muiñeiras
e alboradas de neve.

E o Parga despreguízase
pra rezarlle unhos salmos
ó meniño Xesús
nunhas pallas deitado.


II

Pra aledar ó filliño de Deus
 os Querubes baixaron do ceo;
 as folerpas devalan mainiñas
 e rebulda na cova un luceiro.

Pelengrinos da Terra Chairega
–vellos, mozos, os ricos e os probes–
teñen presa por ver ó Ruliño
que naceu no Belén de Begonte.

Os castiros, salgueiros e chopos
arrecenden a incenso e os prados,
sabedores do grande milagre,
estrearon un traxe de orballo.


III

Aterecidos de frío,
arelante o corazón,
nesta noite de Esperanza
acolle a nosa oración.

Debruzados ó teu pé
pedímosche que benzoes
esta coitada Galicia
enloitada, triste e probe.

Que remate a emigración 
e as liortas caciquís
e que, todos vencellados,
fagamos un gran País! 


Accésit e Diploma de Honor do Concurso Literario Nacional de Gastronomía, celebrado en Lugo, polo soneto "GABANZA DO PORCO" (1980)

GABANZA DO PORCO*

Mantenza sen parello en máis proveitos:
Entrecosto, lacón, raxo, cacheira,
Soá, pernil... forteza milagreira!
Obrigado xantar de nobres peitos!
N’abondan pra cantarche épicos xeitos,
Doce ritmo nen musa gasalleira!
É tal a regalía feiticeira
A que nos tés adoito tan afeitos...
Lambeteiras filloas, chicharróns,
Botelo, rabo, orellas e chourizos,
Enchentes de compangos e frituras,
Rito e consagración... Os corazóns
Tolean co teu cheiro e teus meiguizos,
Ouh porco, pai de esmorgas e farturas!

(*É un acróstico: as primeiras letras de cada verso compoñen o nome da entidade convocante)



1º premio "MEIGAS E TRASGOS" de Sarria, polo poema "NEOPLASIA" (1980)

NEOPLASIA

I

Poucas horas che quedan de folgo...
Engurúñame o peito somente pensalo!
Non che vale a menciña, meu rulo,
nin a cencia te pode salvar.
Que pecado fixeches,
que ruindade,
pra sufrires no abrente da vida
as angurias
da agonía?


II

Canto engado no riso dun neno!
Mesmo as verbas que empregan as mais
pra falaren cos fillos
–meu chorón, meu tesouro, luceiro,
picariño, ña xoia, meu ben,
galopín, bule-bule, meu cuco,
toleirón, churrusqueiro, meu rei–
son o celme de todas as linguas,
o requinte que agroma
nas vivencias máis puras do peito!
É posíbel que trunfe a podremia
nas fermosas meixelas dun neno?

III

Maldizoado o meigallo
que infestou o teu sangue
e murchou a souril regalía
dises ollos saltós!

Maldizoado o destino, abellón a zugar
no roibén dos teus labres! Malhaxa
isa lurpia noxenta
que sementa arrepíos de MORTE!

  

2º premio "MEIGAS E TRASGOS" de Sarria, polo soneto "A CASTAÑEIRA" (1983)

CASTAÑEIRA

Ouh mantenza ancestral da miña Terra,
froito ricaz do nobre castiñeiro,
vello petrucio, rexo cabaleiro
dos soutos, dos veigales e da serra.

Que celmes gastronómicos encerra
o excelente restrelo ventureiro!
Como estoupa no lume milagreiro
namentres a invernía funga e berra!

Bullóns, tan doces coma o mel. Mamotes,
compañeiros do leite e do touciño,
recendo das lareiras e dos potes!

Mes de Santos, magosto, novo viño,
troula na mocedade e nos rillotes,
fartos e ledos co xantar diviño...!


3º Premio "MEIGAS E TRASGOS" de Sarria (Mención Honorífica), polo poema " ODA PARA ÁNXEL FOLE” (1984)

ODA PARA ÁNXEL FOLE
Ver texto orixinal

Ourive da palabra anterga recollida
na fraga do Caurel ou nos verdecentes recantos
da Veiguiña. Testemuño
de medos tremebundos do alén
que, na noite inverniza, «á lus do candil»,
se mesturan coas sombras estarrecedoras
da cociña terrea.

Ilustre bardo que escribiches
a epopea inmortal dunha «terra brava»
na que se xunguen en simbiose ancestral
arrepiantes ouveos que entalan o peito,
o ruxir da arroiada treboenta,
o abafante caldo do mes da sega
e o ricaz agromar da farturenta primavera.

Intérprete baril da voz dun pobo
nobre e sinxelo, merecente
do teu verbo xenial!

Lucencio, Eginardo de Tor, Magister Gaudiosus,
Basiliense, Farruco de Caldas, Vicense,
Lucus, Don Fabulón...

Que ventureira restra de nomes lucidíos
–pólas vizosas do lanzal carballo–
no alter ego de Fole,
arqueólogo da lingua, señor de Basille,
de Romeán e de Córneas, de Quiroga e de Arcos!

Inspirado poeta de harmonías musicais
que deitan do máis íntimo
do teu ser xeneroso e puro
como as augas da verde serra.

Enxebre narrador de «historias que ninguén cre»
adubiadas no cruxol do misterio,
e de «contos da néboa» da Galicia eterna
que levas cravuñada no teu peito nobre!

Ánxel Fole dador de vida, alma e sangue
a tres xeneracións que viven no «cartafolio de Lugo».
Sigue, mestre, a falarnos de etimoloxías,
do primeiro cinema, do Papaovos,
do aviador Garnier, de Xan de Forcados,
do primeiro teléfono,
dos poemas de Yunque,
e non esquezas, si señor, o «pauto do demo»
que, xa sabes, na nosa terra ó demo, 
polo si ou polo non,
hai que prenderlle o cabo dunha vela!


1º premio do Certame Literario "PREMIO BEGONTE DE POESIA", polo poema "NOITE DE NADAL" (1985)

NOITE DE NADAL

            O pobo de Begonte, nesta noite sagrada,
            ós pés do Neno Dios, exulta de esperanza.

O vento cruza as fragas asubiando cantigas
e o Ladra nos caneiros ensaia panxoliñas.
A néboa desfiáñase e vai en procesión
por estradas e corgas deica o berce de Dios.
Milagreiras mapoulas e roibos estraloques
arrecenden pró Rulo os aromas máis doces
e a lúa e as estrelas, que relocen na chaira, 
tecen feixes de nácar, zafiros e esmeraldas.

            O pobo de Begonte, nesta noite sagrada,
            ós pés do Neno Dios, exulta de esperanza.

Namentres en Begonte, como en Belén noutrora,
os fieles cren na paz e de gozo reloucan,
o mundo, adoecido por guerras e liortas,
semella un suicida cavando a propia fosa.
Que en troques de atender á divina mensaxe
que anuncia o Dios Meniño –Amor, Paz, Irmandade–
o sangue empapa a terra e a técnica confunde
os vezos animais con Bondade e Virtude.

            O pobo de Begonte, nesta noite sagrada,
            ós pés do Neno Dios, exulta de esperanza.







Premios de Prosa

2º premio -prosa- "MEIGAS E TRASGOS" de Sarria, polo conto "A MEIGUIÑAMEIGA E OS TRASGOS" (1977).

2º premio -prosa- do Centro Galego de Vizcaya en Baracaldo, polo conto "BAIXA VOLUNTARIA" (1978).

1º premio -prosa- "NOS" de Barcelona, pola peza teatral "VIVIMOS UNHA LONGA TRAXEDIA" (1980).

Finalista dos "PREMIOS GALICIA DE XORNALISMO", na sección de "REPORTAXE", (1985).

2º premio -prosa- "MEIGAS E TRASGOS" de Sarria, polo conto "QUEN ME DERA ATOPARME CO TRASGO" (1986).

Finalista dos "PREMIOS GALICIA DE XORNALISMO", na sección de "REPORTAXE", (1987).

2º premio no XIII Certame Periodístico "BEGONTE Y LA NAVIDAD", polo traballo "O BELEN DE BEGONTE ARMONIZA O MISTERIO DO NADAL COA PAISAXE E A LINGUA GALEGA" (1989). Ver acta do fallo do xurado.






-

No hay comentarios:

Publicar un comentario