miércoles, 27 de abril de 2016

NICOLASA AÑÓN PAZ [18.544]


Nicolasa Añón Paz 

Boel-Outes, A Coruña, 1810 -1887.
Quizás la más intuitiva, pero también la más desconocida y olvidada poeta gallega, se llamó Nicolasa  Añón Paz, y nació en Boel (Sierra de Outes) el 28 de febrero de 1810. Esta mujer sorprendió a todos desde su más corta edad, descubriéndose como una poetisa nata, espontánea y con gracia, ya que de sus labios brotaban versos comentando el suceso más rutinario de la vida cotidiana. Hermana mayor del conocido poeta Francisco Añón, pasó toda su vida dedicada a las labores del campo, sin saber apenas leer y escribir, ni expresarse en otro idioma que en su lengua natal.

Su fama de poetisa se hizo notoria en aquella época, y atraído por ella, llegó hasta Boel en el verano de 1886, el periodista don Elisardo Barreiro, que pudo conocer a Nicolasa cuando ya contaba setenta y seis años de edad. Nicolasa recitó al viajero algunos versos que guardaba en su memoria, y entre ellos, una elegía a la muerte de su tan querido hermano Farruco.

Y fueron, precisamente, unos versos del mencionado poeta Francisco Añón los que hicieron que la memoria de otra mujer no cayese en el olvido. Fueron los que dedicó en 1875 a la poetisa gallega Emilia Calé Torres. Una mujer de fina vena poética y de gran decisión, puesto que ella fue la única representante de su sexo en aquellas famosas reuniones que en Madrid celebraba “Galicia Literaria”.

Tanto ella como Francisco Añón, tenían el anhelo de la vuelta al amado terruño. Por eso el poeta le dice así:

“…Ai, quen puidera cal ceibo paxaro voar ao noso querido chan…!”




Una poeta campesina anónima, ¿primera escritora de la literatura gallega moderna?

Descubiertos los versos que escribió en la intimidad Nicolasa Añón Paz, hermana de Francisco Añón



En la imagen, vista general de la casa donde vivió la desconocida poeta. (EFE)

Los versos desconocidos y ahora publicados de Nicolasa, una labradora de 'sacho' que apenas sabía leer ni escribir, pueden convertir a la hermana del ilustre Francisco Añón en la primera escritora en literatura gallega contemporánea, una petición trasladada a la Real Academia Galega.

Nicolasa Añón Paz (Boel-Outes, A Coruña, 1810), hija de labriegos acomodados y escritora en la intimidad, desempeñó durante toda su vida el oficio de "labradora-campesina", además de encargarse de las típicas tareas domésticas vinculadas en aquel entonces al quehacer de la etiquetada "mujer de su casa".

Una circunstancia vital que se hace patente en cada uno de sus escondidos versos a modo de 'captatio benevolentiae', un recurso que proporciona naturalidad, franqueza y espontaneidad a partes iguales a cada una de sus composiciones.

La obra de esta poetisa, hasta el momento oculta, tiene un valor y mérito añadido. Ella no corrió la misma suerte o fortuna que su segundo hermano, Francisco Añón, que estudió Filosofía y Teología en el seminario de Santiago de Compostela, además de licenciarse en Jusisprudencia en la universidad de esta misma ciudad, llegando a convertirse en un periodista y poeta acuñado como el "precursor del Rexurdimento".

En cambio, Nicolasa apenas instruyó y formó su mente en el campo del saber, incluso escribía su nombre con grandes dificultades, pero esto no le impidió componer mentalmente y rubricar unos versos señeros y característicos, aunque la pluma fuera deslizada por otro a lo largo y ancho del manuscrito.

Este escribano fue el maestro Jacobo Lema Fernández, transcriptor de la obra recogida ahora en el volumen 'Poesías de Nicolasa Añón' (Terra de Outes), un estudio del profesor y escritor Ramón Blanco, que por azar se encontró con el pergamino original hace casi dos años, el 7 de octubre de 2012, cuando presentaba en esta comarca coruñesa de Serra de Outes otro ejemplar titulado 'Vida y obra de Francisco Añón'.

Este último libro vio la luz en coincidencia con la conmemoración del bicentenario del nacimiento de este periodista y poeta que escribió en portugués, gallego y español en el siglo XIX.

Fue el hoy fallecido Francisco Martelo Blanco, más conocido como Pitilán, el artífice de este tropiezo fortuito, ya que en su haber se encontraba un "cuaderno artesanal, muy gastado y muy pequeño" que llenó de emoción e inspiración a Ramón Blanco, que, por aquel entonces, había perdido toda esperanza de localizar ese tesoro.

"Es el verso apagado", expone este filólogo. Apenas existía antes de esta obra información acerca de Nicolasa, ni siquiera una imagen que desdeñe y dibuje ese rostro que es todavía un enigma, igual que la historia de esta mujer, desvelada, "a duras penas" y con pequeños trazos, por autores como Carvalho Calero o Lisardo Barreiro.

En pleno 2014 ha visto la luz un ensayo centrado en las "coplas romanceadas" de Nicolasa Añón, una joya literaria para una biografía todavía en construcción.

Este documento inmortaliza una existencia dedicada a revitalizar la ancestral y milenaria lengua gallega, por lo que el presidente de la Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes, Xan Mariño, considera que "es tiempo de ir pensando que la Real Academia Galega le dé a Nicolasa el lugar que le corresponde".

Decenas de niños de centros educativos han querido rendir su particular homenaje a esta poetisa ignota con la lectura e interpretación de algunas de sus coplas en la Casa da Cultura de Outes.

Son los honores más emotivos para esta artista "silvestre, rústica y agrícola", como se hacía llamar Nicolasa, que a través de un grito a lo tradicional engrandece la leyenda de la familia Añón.



Un poema de Nicolasa Añón

En 1886 Nicolasa Añón Paz (1810-1887), poeta campesiña nada en Boel (Outes), recibe a visita do xornalista Lisardo Rodríguez Barreiro, quen a inmortaliza nunha reportaxe onde dá a coñecer dous poemas seus en galego.

Mais pouco antes, en 1885, Jacobo Lema Fernández xa confeccionara un manuscrito con algunhas composicións da irmá maior de Francisco Añón. Este texto, algunhas veces citado mais nunca editado integramente, foi confiado polo seu propietario, Francisco Martelo Blanco (recentemente falecido), á Asociación Cívico-cultural Terra de Outes para a súa publicación, da que se encargou, finalmente, o estudoso Ramón Blanco (Outes, 1979).



Fragmento adaptado dunha
das composicións de Nicolasa Añón.

Tamén vos hai outra cousa
que vola vou contar
tamén dan unha medalla
ao que a queira tomar.

Algúns din que non a queren
meu Deus que tolos son
e atrévense a dicir
que a teñen no corazón.

Algúns disque tamén din
que é un engadido ao pescozo
e logo poñen un cravo
no camisolín ben posto.

Todo o que é bo pastor pon
ás ovellas un sinal
pois sen sinal mal se poden
escoller ou estremar.

A todos cantos lle vires
ao pescozo este sinal
estas todas son ovellas
do rabaño do Rial.

Despois chámanlles beatas
ao que alí vai tomar
e a Virxe todo cala
pero aínda ha de falar.

Os que falen de beatos
talvez non falen de balde
porque agora é beato
tamén o señor alcalde.

Poesías de Nicolasa Añón. (Serra de Outes, 2014).


Nicolasa Añón Paz

Unha labrega analfabeta, autora dun libro de versos no século XIX.


Boel (aldea da parroquia de San Pedro de Outes) 1810 - Boel (aldea da parroquia de San Pedro de Outes) 1887 

Nicolasa Añón Paz naceu o 28 de febreiro de 1810 en Boel, aldea da parroquia de San Pedro de Outes, nunha familia de labradores acomodados (era a irmá maior de Francisco Añón, precursor do Rexurdimento). Ela mesma desempeñará toda a vida o oficio de labrega, ademais das típicas tarefas domésticas. 

Casou para a casa con Pedro Buján Coiradas, un mozo de Pazos, da veciña freguesía de Santa María de Entíns (de onde tamén era oriúnda a nai dela). A voda celebrouse o 23 de xuño de 1829. Deste matrimonio naceron tres fillos: Jesús, Eduardo e José.

Sendo campesiña, e sobre todo muller, non estraña que Nicolasa Añón fose analfabeta, capaz de escribir o seu nome e pouco máis. Isto non impediu que en 1885, xa con setenta e cinco anos feitos, se recollese unha mostra dos seus versos nun libriño manuscrito. O amanuense foi o mestre Jacobo Lema Fernández, natural de Olveira (Dumbría), onde era párroco o fillo maior da poeta, Jesús Pazos Añón, quen debeu servir de enlace para esta conxunción entre autora e escribente. A poesía de Nicolasa Añón é claramente oral, ou memorística se se quere, aínda que a transmisión escrita sexa, loxicamente, a única que lle coñecemos.

O manuscrito (parcialmente inédito ata o 2014) consta de catro composicións en castelán e outras dúas en galego, todas elas de certa extensión, organizadas en coplas romanceadas. A temática relixiosa, maiormente a dedicación á Virxe do Rial (venerada na freguesía de Santo Ourente de Entíns, no concello de Outes), plásmase na totalidade das coplas en castelán e mais nun dos textos en lingua galega; o outro poema galego trata da primeira visita do rei Alfonso XII a Santiago de Compostela. Esta "labradora campesina", como se anuncia na cuberta da obra, lembraranos a miúdo a súa condición, a xeito de captatio benevolentiae, desculpándose por deixar de atender o gando ou a labranza por causa de imaxinar versos. 

Ao ano seguinte, 1886, o xornalista noiés Lisardo Rodríguez Barreiro vén a Boel coñecer a señora Nicolasa e deixa como testemuño deste encontro a reportaxe "La hermana de Añón". Ademais das impresións da viaxe e das conversas mantidas, o texto inclúe dúas composicións en galego que Barreiro consegue apuntar mentres Nicolasa Añón recita de memoria (mediando a seguinte advertencia: "–Señor, non lle valen nada, porqu’eu maxinos así coma quen non quer a cousa, mentras debullo n’o millo ou acomerando as vacas"). Ambos os dous textos pasarán a ser os máis citados (por seren os máis coñecidos) nos poucos traballos que se ocupen posteriormente desta autora. Un deles, o romance dedicado a Alfonso XII, tamén figuraba no manuscrito realizado no ano anterior; o outro, unha elexía a Francisco Añón, recollíase por vez primeira. O máis probable é que Lisardo Barreiro non tivese acceso ao manuscrito que copiara Jacobo Lema.

Na mañá do 1 de novembro de 1887, a consecuencia dunha pulmonía, faleceu no seu domicilio (Boel, núm. 73), na mesma casa onde nacera setenta e sete anos antes. Da vivenda xenuína só fican as ruínas, parcialmente integradas nunha "nova" edificación onde figura unha placa que unicamente conmemora ao poeta Añón, aquel que deixou escrito:

"Desde estes montes qu’en pardas brétemas
O triste inverno toldando está,
Á ti d’a brisa n’as alas trémulas
Ternos sospiros voando van.

¡Ay! ¡quen pudera cal ceivo pájaro
Ese azul puro d’o ceo rachar,
Cimbrar á o vento con doce cántico
Teu doce nome, querida hirmán!

[...]"

Seguindo o ronsel de Lisardo Rodríguez Barreiro, a singularidade desta poeta campesiña chamou inmediatamente a atención de Manuel Ossorio y Bernard (quen lle reserva unha entrada nun dicionario de escritoras españolas en 1890). Haberá que agardar á segunda metade do século XX para que volva difundirse a súa figura, en pequenos apartados de traballos académicos ou nalgún texto divulgativo, baseándose sempre en última instancia nos datos achegados por Lisardo R. Barreiro e recuperados por Ricardo Carvalho Calero, quen inclúe a Nicolasa Añón, "ao agarimo da sombra do seu irmán", na súa monumental Historia da literatura galega contemporánea. Tamén Xesús Alonso Montero redacta unha pequena entrada para a Gran Enciclopedia Gallega. Despois, as autoras que máis e mellor a reivindicaron, como arquetipo da poeta en circunstancias adversas, foron Xosefina López de Serantes, Carmen Blanco e Aurora Marco. 

O corpus poético coñecido viuse notablemente incrementado no ano 2014, grazas a que o manuscrito lle fora confiado polo seu propietario (o finado Francisco Martelo Blanco) á Asociación Cívico-cultural Terra de Outes para levar a cabo a súa publicación. Desde agora este texto terá que ser tido en conta, na literatura en xeral, como un dos primeiros testemuños de "escritoras" contemporáneas.


Obra de Nicolasa Añón Paz 

LEMA FERNÁNDEZ, J.: [Esta] Obra está compuesta [por] una labradora campesina Doña Nicolasa Añón, vecina del lugar de Boel en la parroquia de San Pedro de Outes, s. l., 1885 [manuscrito apógrafo].
BARREIRO, L.: “La hermana de Añón”, Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia, A Coruña, Andrés Martínez / Biblioteca Gallega, 1890, p. 35-61.

Autor/a da biobibliografía: Ramón Blanco Fernández




.

No hay comentarios:

Publicar un comentario