sábado, 12 de julio de 2014

OLALLA COCIÑA [12.288]


Olalla Cociña Lozano 

Nació en 1979 en Viveiro (Lugo, Galicia). En el 2000 obtuvo el premio de poesía ‘O Facho’ otorgado por la asociación coruñesa del mismo nombre y cuatro años después el segundo premio en la XVIII edición del certamen literario de la Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat. Publicó As cervicais da memoria (premio de poesía ‘Avelina Valladares’ 2004), Aquí (intemperies) (2006) y Libro de Alicia (premio de poesía ‘Fiz Vergara Vilariño’ 2008). Participó en las publicaciones colectivas Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (2005), Poetas con Rosalía (2006), Volverlles a palabra (2006), Letras novas (2008) y Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación (2012), entre otras, además de participar en numerosos recitales y colaborar en diversos periódicos y revistas. Desde octubre de 2011 organiza en Santiago de Compostela el ciclo de lecturas poéticas Picaversos junto a Branca Novoneyra. Es autora de la parte textual de los blogs Reveladora y Acórdome.

Olalla Cociña Lozano naceu en 1979 e é natural de Viveiro (Lugo, Galicia). No 2000 obtivo o premio de poesía ‘O Facho’ outorgado pola asociación coruñesa do mesmo nome e catro anos despois o segundo premio na XVIII edición del certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat. Publicou As cervicais da memoria (premio de poesía ‘Avelina Valladares’ 2004), Aquí (intemperies) (2006) e Libro de Alicia, (premio de poesía ‘Fiz Vergara Vilariño’ 2008). Participou nas publicacións colectivas Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (2005), Poetas con Rosalía (2006), Volverlles a palabra (2006), Letras novas (2008) e Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación (2012), entre outras, ademais de participar en numerosos recitais e colaborar en diversos periódicos e revistas. Desde outubro de 2011 organiza en Santiago de Compostela o ciclo de lecturas poéticas Picaversos xunto a Branca Novoneyra. É autora da parte textual dos blogs Reveladora e Acórdome.


Y llegan por doquier
con los mapas quemados
prolongando las voces
sus izadas señales:
navegacion nocturna
alta mar
Los regresos plagian
la otra orilla
la del aliento y la fogata.


ovejas

sosteniendo una hoja de vid
vienen junto a mí a comer las ovejas
y ahora odio
y amo
la lengua más áspera
esos ojos amarillos e irreales
que me atrapan en un remolino suplicante

quiero ir con ellas
detrás de la mano y la vid:
que coman mi cuerpo
porque una extraña paz que me pone al revés
me lleva absurda
deliciosamente
a ningún precipicio


ovellas

sostendo unha folla de vide
veñen onda min comer as ovellas
e agora odio
e amo
a linua máis áspera
ese ollos amarellos e irreais
que me atrapan nun remuíño suplicante

quero ir a canda a elas
detrás da man e da vide:
que coman o meu corpo
porque unha estraña paz que me pón do revés
lévame absurda
gorentemente
a ningún precipipio


Única

Non nomees a súa presenza, acaso queres que alguén máis saiba que está por acó? Di que é só unha visita agradábel, que pronto marchará, nuns días. Pasouche algunha vez que quixeches estar soa nun concerto, ou no cine.
Soamente para ti os bises, a íntima emoción mecanografándose nos títulos de crédito. Cantas veces desexaches exiliarte a un país onde ser a única posuidora dun cofre vibrante, dunha caixa de pandora nunca aberta. Non por
egoísmo, senón por pura paixón. Así que agora, tamén, cala, porque de facer mención do seu existir abaixaría a cabeza, decepcionada, e iríase de onda a ti contra o mediodía, escondida no furgón das señoras que venden o peixe na praza.
E ademais, que máis queres? Tes na lingua un único sabor a chocolate, tes nun papel dentro dun sobre o seu truco de maxia, o que fai que se che dobren así de fácil os xeonllos. Así que non o leas en alto, non o compartas nunca.



Recreo

Como era de natureza insomne, de mañá calquera runrún lle daba sono. Durante as clases entresoñaba un rumor de patos salvaxes e do patio do recreo facía o seu areal. Hoxe alégrase ao coincidir cos antigos compañeiros de aula que evocan eses días felices que-xa-non-volverán. Todos van directos a eses vinte e cinco minutos de lecer nos que a vida se lles ía en atinar coa pelota na canastra, en meter fungueirolos cun balón de fútbol todo roído ou cobreguear coas rapazas no xogo do brilé.

Ela non. Ela garda entre as tempas e o van unha areeira inmensa, co mar enfronte, un soño salgado. Porque minúsculos cachiños de cunchas e minchas conformaban o patio, inmediato ao peirao, e se pechaba os ollos os berros da animación dos xogos e as leas transportábana a unha praia descoñecida, lonxe de alí, se cadra nun recóndito refuxio no Algarve, a xulgar polo ritmo das ondas. E durmía uns minutos e facíaselle a boca auga na gorentosa e marítima profundidade que a anainaba, ata que soaba a serea e non quedaba outra que volver á realidade e ás matemáticas.
Sempre a rentes do chao, sentada enriba das pedras, os demais pensaban que viña de xogar soa ás canicas.



Barca

Quen non imaxinou algunha vez que a súa cama era unha barca. Nosoutras tamén tiñamos o noso fráxil territorio no mar que dan as sabas e a escuridade. O edredón atábase á cabeceira da cama polas puntas, con dúas gomas do pelo, e así xogabamos a sobrevivir fronte a un mar de crocodilos, crocodilos famentos que eran MOI perigosos, tanto que non podíamos quitar os pés por fóra da lancha, porque nos roerían de inmediato.
Niso consistía a nosa existencia, en non sacar os pés por fóra NUNCA. Eu facía o almorzo, o xantar e a cea cos froitos mariños –pequenos cangrexos, caramuxos, peixiños despistados– que de cando en vez entraban na nasa cativa que tiñamos atada á proa. A filla comía todo sempre sen protestar. A fi lla nunca daba problemas, pero o mar, o mar era maleducado e salvaxe. De cando en vez viña unha onda tsunami, un maremoto e arrastrábanos e facíanos caer, nun terrible centrifugado. Ás veces eu perdía de vista á filla, que rozaba as fauces dos impoñentes e negros crocodilos e a min, a mai, dábame nun ataque de pánico.
Á fin sempre conseguía recuperar a filla, e volvíamos á nosa branda lancha, e non había un minuto de quietude pero eramos felices no calor, agochadas dentro dese estoxo que sabíamos branco e de algodón pero víamos negro e perigoso, ao lonxe as regañas de luz por onde entraba a mañá e empezaba a arrecender a torradas con manteiga, tona e colacao. Porque estabamos aterrorizadas, si, pero eramos incapaces de empezar o día sen comer as nosas
torradas.



Cociña, Olalla (2012 [2009]). “Vrao”. Galicia Hoxe. “Revista das letras”:
<http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1986>.











No hay comentarios:

Publicar un comentario