Paco Souto
Francisco José Souto Barreiro, nacido en La Coruña el 12 de octubre de de 1962, murió en Razo (Carballo) el 30 de de marzo de2017, fue un poeta, escritor y político gallego.
Fue co-editor de Edicións do Dragón y la colección Letras de Cal. Hizo ilustraciones para varios libros y ha participado en varias exposiciones colectivas, colaborando también en Obras teatrales. Fue presidente de la asociación de mariscadores y la asociación Caldeirón. En las elecciones municipales de 2015 fue candidato del BNG en Malpica y fue elegido concejal. Murió el 30 de de marzo de de 2017 cuando trabajaba como percebeiro cerca de Santa Marina de Razo (Carballo).
Obra Literaria
Poesía
As árvores do incesto , 1995, Espiral Maior.
Fado, 1998, Letras da Cal.
Crebar cristais coa lingua, 2003, AC Caldeirón.
As horas de María, 2007, Espiral Maior.
E alentar na túa rosa, 2010, AC Caldeirón.
e Caín, 2016, Laiovento.
Teatro
Amar non ten laranxas, 1994, Cadernos da Escola Dramática Galega.
Obras colectivas
Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978 - 1989), 1990, Edicións do Castro.
Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
A rota dos baleeiros, con Miro Villar e Fran Alonso, 1991, Edicións do Dragón.
Dous bocetos, con Adriana Castro, 1994, Edicións do Dragón.
Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte.
Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
Botella ao mar, 2003.
Treze, 2003, Instituto de Baio.
Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
Letras novas, 2008, AELG.
De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, AC Caldeirón.
Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.
Catálago, libro-catálogo de obra plástica e poesía, con Rosalía Fernández Rial, Mon Lendoiro e Chiña.
6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
Aldeas sen voz , 2016, Editorial Canela. Poesía.
Obras pluridisciplinares
América, con Laura Quintillán e Kukas, do 1993.
Como augas de maio , co músico Serxio Moreira, no 2001.
Aviléscanto, co músico Serxio Moreira, no 2003.
As horas de María, 2007.
Homenaxe a Xelucho Abella, 2008.
Lugar de incendios, montxe con pintura, música e poesía.
Premios
Premio Espiral Maior de Poesía no 1994, por As árvores do incesto .
Premio Johán Carballeira no 2006, por As horas de María.
Accésit do III premio de poesía erótica Illas Sisargas no 2009, por E alentar na túa rosa.
CARTA ÚLTIMA
Querido Manuel
dous puntos
mándoche esta
para que saibas que estamos ben
os rapaces medran como liño
e cando te queres dar de conta
xa é tempo de mazalo
a besta vai parideira
e non deixa andar de a cabalo
A Roxa e a Morita están secas
dúas crías trouxo a Linda
e claro
non xuntamos un cuartillo
Polo demais
todo ben
O Andresiño
vai aprender de zapateiro á Coruña
quintas e sextas
pola noite
á escola que di o tolo de Froxel
cas Lola
A nena
é un caravel que me sae do peito
e non se me quita de diante
vou ao río alá vén ela
estro as cortes alá está ela
chamo ao gando
e nin podo coller herba
con mamá calquera a deixa!
agora mesmo
non para de andarme entre as letras
e a ti
como che vai a guerra?
e Caín: Poemas de Paco Souto
NOTA DE PALAVRA COMUM: saudamos a aparição de “e Caín”, livro de poemas de Paco Souto publicado por Laiovento recentemente, com prólogo de Miguel Mato Fondo e ilustrações de Viki Rivadulla.
Agradecemos o envio de 3 poemas, acompanhados de outras tantas ilustrações, para mostrar nesta revista uma parte da obra, da que recomendamos a sua leitura.
autorretrato
escribo
en folla impar
as tres cuartas partes
xustas
de min mesmo
a man acenando o universo
a viaxe impar de virme paradentro
escribo tolo
un sexto apenas da ousadía
do que calo
inspiro
e dialógome
o meu mundo sempre será varios
e Caín Viki Rivadulla Paco Souto 1
amado Xonás
saímos á noite
por comer do escuro canta luz
quixemos posuír
carne de auga eramos mar abaixo
voces de lúa
pegando aínda
no farol de proa
na gamela enchida de florestas
dedos eramos
polos precipicios da carne
aonde caer obsesivamente moribundos
acesos surtidores de balea
iniciaron nas ondas vixiantes
aquela sorte de naufraxio voluntario
como morremos entón Xonás
na boca enorme do pecado
e Caín Viki Rivadulla Paco Souto 2
Metamorfose
Para Alfonso Costa
vivo nun país de marea baixa
entre argazos e agullas de coral
construímos a ilusión do solpor
mentres
o sol debruza con quietude
os seus pés
na lagoa da tarde
de enchermos a lúa
o noso país cativo
afogaría en sal océana
apenas é un baixo a romper
a pedra azul das augas
un salseiro de cobalto
sen terra para a labranza
sen augas de beber
sen respiro apenas
só nos queda arrincar a pel
e que veñan as escamas
empeñar brazos e pernas por aletas
e iluminar
coa tuberculose
as galadas que nos dean alento
maradentro
e Caín Viki Rivadulla Paco Souto 3
S/T
Mixta sobre papel
70 x 50
e se tes as mans cheas de arxila
como non haberá ter o xinete
a dozura do teu aloumiño
e se o corpo se che enreda
dorido
na zorra da artrose
como non saber do fume da terra
en cada ola
gardarei as palabras de dicir
no ventre oco dun libro non escrito
e que veña a carroa
de toxos e flores
a cocernos arreo a vida nos poemas
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario