lunes, 31 de marzo de 2014

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO [11.403]


Manuel María Fernández Teixeiro 

Más conocido como Manuel María (Outeiro de Rei, 6 de octubre de 1929 - La Coruña, 8 de septiembre de 2004) fue un poeta español en lengua gallega, destacado por su carácter combativo y su compromiso político. Entre los temas de sus poemas destacan el amor, el arte, el compromiso político, la denuncia de defectos, la etnografía, la física, la historia, la inmaterialidad, la mitología, el mundo animal, la palabra poética, el paso del tiempo, la religión, la sociedad, la lengua, los trabajos agrarios, el urbanismo o la geografía.

Manuel María era hijo de dos labradores acomodados, Antonio Fernández Núñez y Pastora Teixeiro Casanova. En 1942 se trasladó a Lugo para estudiar el bachillerato, y en esta ciudad comenzó su precoz carrera literaria participando, a la edad de veinte años, en el ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses", con el que entró en contacto con los integrantes de la tertulia del café Méndez Núñez (Luis Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof Codina...), que le pusieron en contacto con el galleguismo.

En 1950 publicó su primer poemario, Muiñeiro de brétemas, con el que se inauguró la denominada "Escola da Tebra" ("Escuela de la Tiniebla"). En 1958 se instaló en Monforte de Lemos (Lugo), ciudad en la que permaneció durante la mayor parte de su vida, como procurador de los tribunales y a la que dedicó un poemario (Cancioneiro de Monforte de Lemos); al año siguiente se casa con Saleta Goi. En los agitados año sesenta y setenta, Manuel María participó en la reorganización política, en la clandestinidad, de los partidos nacionalistas gallegos, al tiempo que colaboraba con numerosas organizaciones dedicadas a la recuperación de la cultura gallega impartiendo conferencias y recitando poemas.

Presentó también la Nova Canción Galega. Siendo la poesía su género preferido, incursionó también en el ensayo, la narrativa y el teatro. Pasó de una postura existencialista pesimista hacia el compromiso social y político.
En 1979 fue elegido concejal de Monforte por el Bloque Nacional Popular Galego, pero en 1985 abandonó su cargo público y, sin dejar nunca la militancia política, se dedicó por completo a la actividad literaria y cultural, asentándose en La Coruña. Una de las últimas campañas con las que colaboró fue con la de Burla Negra y la Plataforma Nunca Máis a raíz del desastre del Prestige.

Curiosidades

El comité de estudiantado de la Facultad de Filología de la Universidad de La Coruña, tras un incansable trabajo, logró que el aula 1.1 pasase a denominarse Aula Manuel María, en honor al poeta y a su profunda colaboración con la facultad y el comité de estudiantes en particular. La apertura popular organizada por el comité se llevó a cabo el 22 de octubre de 2008 con la presencia de poetas gallegos amigos de Manuel María como Marica Campo o Lois Diéguez y de su viuda Saleta Goi.

Obra

Obras poéticas

1950, Muiñeiro de brétemas
1952, Morrendo a cada intre
1954, Terra Cha
1954, Advento
1957, Auto do taberneiro. 4 ventos
1958, Documentos personaes
1960, Sermón para decir en cualquier tiempo (en castellano)
1961, Auto do labrego. Céltiga, 4
1962, Libro de pregos
1962, Contos en cuarto crecente e outras prosas
1963, Mar Maior
1964, "A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro", Grial, 6
1965, "As augas van caudales" Grial, 9
1966, "Os alugados" Grial 14
1967, "Raimon, poeta de noso tempo", Grial, 18
1968, Proba documental
1968, Os soños na gaiola
1968, Barriga Verde
1968, Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega
1969, Versos pra un país de minifundios
1969, Versos pra cantar en feiras e romaxes
1970, Remol
1970, Canciós do lusco ao fusco
1971, A Rosalía
1971, 99 poemas de Manuel María
1971, O Xornaleiro a sete testimuñas máis
1972, Odas nun tempo de paz e de ledicia
1973, Aldraxe contra a xistra
1973, Informe pra axudar a alcender unha cerilla
1973, Laio e clamor pola Bretaña'
1973, Cantos rodados para alleados e colonizados
1976, Poemas para construír unha patria
1977, O libro das badaladas
1977, Poemas ó outono
1978, Catavento de neutrós domesticados
1979, As rúas do vento ceibe
1982, Escolma de poetas de Outeiro de Rei
1982, Versos do lume e do vagalume
1985, O camiño é unha nostalxia
1984, Cantigueiro do Orcellón
1984, A luz resuscitada
1986, Oráculos para cavalinhos-do-demo
1986, Ritual para unha tribu capital do concello
1988, As lúcidas lúas do outono
1988, Sonetos ao Val de Quiroga
1989, Saturno
1990, Cancioneiro de Monforte de Lemos
1991, Compendio de orballos e incertezas
1991, Hinos pra celebrar ao século futuro
1992, Panxoliñas
1993, Os lonxes do solpor
1993, Antoloxía poética
1993, A primavera de Venus
1993, Poemas a Compostela
1994, Cantigas e cantos de Pantón
1994, Poemas para dicirlle a dúas lagoas
1996, O Miño, canle de luz e néboa
1997, Sonetos á casa de Hortas
2000, Brétemas de muiñeiro
2000, Camiños de luz e sombra
Obras dramáticas[editar]
1957, Auto do taberneiro
1961, Auto do mariñerio
1970, Barriga verde
1976, Unha vez foi o trebón
1979, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela
1979, Auto trascendental do ensino tradicional
1979, Farsa de Bululú


Yo soy para mí
Todas las interrogaciones,
Todas las estatuas,
Todos los misterios
Y todos las cumbres heladas del evangelio.
Tus ojos me contemplan
En la impura plata de una sombra
Que muele el viejo semblante
Que borra lo indecible de esta muerte
Llena de agonías y de lágrimas.



Eu son para min
toda-as interrogacións,
todal-as estatuas,
todol-os misterios,
e todal-as cumes xeadas de evanxeos.
Os ollos contémprame
Na impura prata dunha soma
Moendo ó vello sembrante
Que borra ó indecible desta morte
Chea de agonías e de bágoas.

Es el poema final del libro “Muiñeiro de brétemas”, publicado en 1950. Manuel María tenía entonces 21 años.


CANCIÓN  PRA CANTAR TODOS OS DÍAS

Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.

Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, povo comun,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.



ROSAS 

SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo
simplesmentes: ROSA,
entrecerra os ollos,
treme
e ruborece.


O ARADIÑO

Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pao...
Leva timón e chavella
!e unha rella furadora
Feita cunha lata vella!
Ten orelleiras, rabela
Tan luída e rematada
!que namora mirar pra ela!

O meu arado e tan feito
!que pode incluso esfender
labradíos a barbeito..!

!Teño xa que darlle estreno
ó meu arado arador,
ó meu arado pequeno..!

!E non sei ónde hei de ir
busca-los bois que preciso,
busca-los bois pra xunguir!



A Fala

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!





O primeiro dos poemas do Catavento de neutrós domesticados:

1. BERRO POLA LIBERDADE DO HOME

O home, tan grande e pequeniño,
é a clave esencial do universo:
peza senlleira e recambiábel
gracias aos atrancos da Técnica
e ao inastronómico avance da Medicina
á que nunca me canso de chufar,
de dicirlle o meu entusiasmo fervendo
e mostrarlle a miña paixón incandescente
que ningún miolo pode conter
na súa capacidade de pozo namorado.
O home é unha máquina de facer esterco
que vai funcionando de xeito regular,
un trebello un tanto estraño e perfecto
ao que incluso se lle poden poñer,
en caso urxente e necesario,
algunhas pezas usadas de reposto:
ollos, ris, corazón,
sen falar aínda da hivernación futura.
Decídeme, delicados devoradores de lilios,
entusiasmados contempladores de violetas,
sotiles amantes de bolboretas bavecas,
se esto non é formidábel, alucinante,
unha xigantesca fazaña intelixentísima
máis potente que o lóstrego e o furor atómico,
que o xeito cotián de poñer naves
cruzando as corredoiras do espacio,
tan orfas de fontes, de recantos,
de piornos, fieitos, silvas e couselos.
Non teño máis remedio –e perdoade
¡ouh meus descoñocidos semellantes
pasados, presentes e futuros!–
que chantar no Himalaia máis alto
a bandeira da miña fe no home
o que, analizado cientificamente
de xeito individual, pode ser
un lixo mínimo e pintoresco,
explotador e opresor do seu igual
e, ollado no seu conxunto,
é o cerebro do mundo,
o explotador de microcosmos e galaxias,
a luz que ilumina o universo,
o ser que ten o uso e o abuso da palabra,
semente e xermolo da vida
e forza que move canto existe.


Biografía do Miño


I

O deus Minius, nas orixes do tempo,
percurou, con teimuda paixón,
o lugar máis fermoso do universo:
non atopou nada que puidera
compararse, nin de lonxe, con Galiza.
Despois de contemplala longamente
namorouse dela para sempre.
Con desexo total de posuila
físoxe poderosísimo lóstrego
e caeu sobor da terra, feríndoa
co seu divino lume.
           A terra
recibiuno,humilde e conmovida,
abriulle os brazos, o corazón,
todo o seu ser ....
      E fundíronse
nunha aperta perfecta, indisolúbel.
O léstrego volveuse auga cantora,
materia de orballos e de bágoas.
A terra ofrendoulle ao apasionado río
o seu corpo xentil e feminino.
E o río deulle á terra xenerosa
a súa forza de deus omnipotente...



4

Existe un Miño poderoso e terrestre.
Mais a intuición e o sentimento
estannos a dicir moi claramente que
o Camiño de Santiago ou Vía Láctea
é o Miño celeste:
           un río de luz
polo que, un día, habemos de navegar,




Homes

...

Vós, barqueiros, troiteiros, muiñeiros,
almas núas, puras, neboentas,
caste que escoitábades a música das ondas
e coñecíades o arado, a barca, o batuxo,
as redes, as nasas, as cordas e os trasmallos:
recoñézovos: sei que estades
coa alma chea de sombra sen cantar muiñeiras.
Calades. Sempre. Sempre
Pechades os beizos e apartades as maos.
Escoitades os afogados e eles escóitanvos
cando o lume arde na lareira como un don
e pasa o vento oulando como un lobo famento



Os afogados


¿Que fondura vos chama? ¿Que estraños
piagos vos acenan? ¿Que mouros pozos
vos berran con voz imperativa...?
Ides dereitamente aos avesíos
nos que, cecais, non entra a luz:
¿que cidades sulagadas descubrístedes?
¿Que máxicas campanas escoitades?
Na vosa procura, ¿perdéstesvos tal vez
nas tribos dos xacios e as nereidas?
¿Que estraña mensaxe vos levou
aos fondos subacuáticos e ao reino
dos lixeiros peixes nadadores?
Quixéstedes habitar na claridade
da auga inconsistente e fuxidía:
unhos quedastes para sempre
nas fonduras do río misteriosas
e outros aboiades pola  tona da auga
pechados nun silencio absoluto,
sen dicirlle a ninguén ese segredo
que, ao mellor, sorprendestes
nun mundo para nós descoñecido.





POEMIÑA DO SEÑOR REGATO DO CEPELO

Nunca tiveche unha arela
de tan humilde e sinxelo:
¡Meu regato do Cepelo,
das Regas uo da  Barciela!

Maila ó teu nome sonoro,
eres regato e non río:
¡o teu caudal tan esguío
nunca encherá un encoro!

Mais dices con xentileza,
leve vea rumorosa,
unha canción misteriosa
dunha asombrosa beleza.

Se eu te chamo : ¡ señoría!,
Breve cantor xogoral:
¡ti non mo tomes a mal
que é proba de cortesía!




.

No hay comentarios:

Publicar un comentario