lunes, 11 de mayo de 2015

LUCÍA NOVAS GARRIDO [15.917]


Lucía Novas Garrido

Nace en Bueu, Pontevedra en octubre de 1979, es una escritora gallega.

Licenciada en Filología Gallega por la Universidad de Vigo. Ejerce como profesora de Lingua e Literatura Galega. Escritora xa na adolescencia, gañou diversos premios de poesía, e ten participado en diversos volumes colectivos. Colabora con poemas seus en revistas como Grial, PolpA, Casa da Gramática, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, O Ollo Público e Escrita Contemporánea.

Obra

Poesía

Epiderme de estío , 2001 , Espiral Maior .
Neve, 2010, Espiral Maior.

Obras colectivas 

Premio 1998 de relato e poesía da Universidade de Vigo , 1998 , Xerais .
Premio 1999 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo , 1999 , Xerais.
Premio 2000 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo , 2000 , Xerais.
Premio 2001 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo , 2001, Xerais.
XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível , 2002 , SCD Condado.
O trazo aberto. Poesías e debuxos , 2002, Deputación de Pontevedra .
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra , 2003 , Espiral Maior.
Uxío Novoneyra . A emoción da Terra , 2004 , Asociación de Escritores en Lingua Galega
Das sonorosas cordas , 2005 , Eneida.
Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal , 2005, AELG .
Cartafol poético para Alexandre Bóveda , 2006 , Espiral Maior.
Poetízate. Antoloxía da poesía galega , 2006, Xerais.
Bernardino Graña . Homenaxe no 75 aniversario , 2007 , Xerais.
Letras novas , 2008 , AELG .
Erato. Bajo la piel del deseo , 2010, Sial (edición bilingüe galego-castelán).
Pegadas , 2011 , A porta verde do sétimo andar.
Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro , 2011, AELG , libro electrónico.
Novas de poesía. 17 poetas , 2013 , Fundación Uxío Novoneyra.
Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto , 2013, AC Caldeirón.
150 Cantares para Rosalía de Castro , 2015 , libro electrónico.

Edicións 

Antoloxía poética, de Ramón Cabanillas, 2009, Galaxia.

Premios 

Premio Minerva de poesía en 1996 e 1997 .
Premio da Universidade de Vigo de poesía no 2000 .
Faustino Rey Romero no 2000, por A flor do lirolai .
Premio de poesía Concello de Carral no 2000, por Epiderme de estío .
Premio Johán Carballeira no 2009 , por Neve .


Poemas da serie "White Rabbits"

PROCURAREI o rizoma, o labirinto, a interconexión, a múltiple
ollada sobre os corpos, a cousificación, a ambigüidade, as
follas de eucalipto
sobre os mirtos, as raíces recuperadas, as historias ennobeladas,
os retomares da terra, dos grans dispersos, da desolación;
procurarei a tenrura
baixo os labios cortados, so nevadas ariscas, dédalos ausentes;
procurarei o medo, os tobos
da alimaria, os dentes das restras
dos allos milenarios, a rugosidade, a torta, a dozura
do arroz, a carapuchiña vermella, a ratiña gris;
e son unha chave
sobre o tempo, a bota do ogro, as sete leguas, os cabritiños perdidos,
o raizame do pobo, o hipertexto, o patriarcado desfeito,
a sémola de arroz;
e procuro as horas, o remanso aparente, os mundos paralelos, o reloxo sereno,
a sala de lisboa;
e son arca grande, hucha de esperanza,
the gold box, caixa de pandora;
e son chuspe sobre o lume, presada de terra, morea
de sal, luminoso abatemento;
e rebento as espullas
das meigas aldraxadas, os remendos de Oz,
os nove zapatos, princesas de cervos, revolucións
de ocasos;
e procuro a estrela
tendida sobre o tempo, a bandeira queimada,
a fogueira das sobras, os refugallos enteiros;
e son rumor, pasos afastados, unllas despistadas, retallos de tedio;
e son tarde de domingo, queixón de sorpresas, sábado radiante, colchas de recordos,
réditos infames;
e xa volve o avó, os zapatos grandes, a escuma de afeitar, o after shave, a menta
sobre as rodas, os rodicios apaixonados, a recolleita dos cogomelos, o gato con botas,
os dolmens antigos; e son pedra fincada
no camiño, e baixo ós subterráneos, e procuro o rizoma,
a tobeira de Alicia,
o caramelo de anís.




PROCUREMOS as fronteiras, a ambigüidade, os medios tempos,
as mesturas exquisitas, a plurisignificación, os recolectos; 
procuremos os campos, as roturas das teas, as sucidades grandiosas, o aceite e mais a 
auga, os extremos, antagonismos, estepas abarcables, leitos
desecados, os hüsker düs, os congros derramados, laídos resesos, ramificacións 
estrañas;
procuremos as liñas, a desnivelación, as achegas, os encontros, as xornadas, os zapatos; 
procuremos os pés, enlacemos as mans, enxertemos
as palabras, as linguaxes secretas,
os ruídos, as ramaxes;
procuremos os límites 
e desfagámolos, e esmiucemos o eucalipto, e tripemos o aroma; e sexamos ewoks.


Poemas de su poemario Neve publicado en 2010.

A CHAVE de cristal, o unicornio, a flor do lirolai,
o fío de Ariadna, o abelorio de plumas,
o celme.





O ENXOVAL ficou nas ánforas, nos cerumes
antigos, na arxila elaborada, nas caixas
da esperanza, nas flores da maceira
chinesa, nas olas, nas arcas
de tempos
xa pasados, nos tremores da neve



A NEVE nace nas altas montañas, nos mananciais
ennobelados, nos cumios esguíos.
A neve viaxa en tanques de cristal, en vasos
de coiro, en vidros finísimos, en ánforas
de sede.
A neve é agasallo, té de chafarís, tenda
de folerpas.
A neve é caricia
neste tempo de conforto.





A BELEZA da froita entre a neve, do lentor da terra, dos poulos
e as cortiñas, dos ourizos ferintes,
da dozura do sésamo
entre os gatos silvestres, do incenso e mais a mirra,
do reiseñor de seixo (laranxas
na nevisca).

A beleza do xardín engalanado
na urxencia, na estación do inverno, na Pascua
luminosa (ilusión a contratempo), nos labirintos
extraviados, na bagulla encallada,
no gran repousando
sobre o chafarís de xeo.

A beleza da memoria, do pitorrei enfeitado
(bestiario secreto), das húmidas
palmas, dos carambos
lixeiros,
das moreas de herbas.

A beleza das saias
daquela árbore acesa
na friaxe da tarde, nas luvas tan cálidas
(teixos desnortados!), nos pardais da tardiña
e nas cores intensas (aroma a terra e bafo)
de principios de inverno.

A beleza da améndoa, da xeada na froita,
do tremor sinistro, dos esquíos sinuosos,
da neve
e mais a rosa (vapor de auga,
fervedura de pranto).

A beleza do veludo,
da plenitude tan maina, do ruxerruxe do tempo,
da alimaria vencida
na fondura afastada
daquel xardín doutrora.

A beleza do inverno
(premonición de crime).

Do libro Neve.






CAMIÑARÁ sobre a neve, tensará o arco
e apreixará antílopes.

Por que as ánforas
xurdiron descoidadas
entre as buganvíleas?

Arfrecha
caeu
con violencia
sobre a rosa
dos cantís.

Dos outeiros,
xorde unha banda
de paxaros sinistros.

Do libro Neve.





No hay comentarios:

Publicar un comentario