martes, 27 de septiembre de 2016

EVA VEIGA [19.170]


Eva Veiga

Eva Veiga Torre es una poeta y periodista gallega nacida en Ombre (Puentedeume) el 22 de octubre de 1961. Licenciada en Filología Inglesa por la Universidad de Santiago de Compostela, ha trabajado en El Ideal Gallego y en la TVG, donde desenvolvió una polifacética e intensa actividad profesional, sobre todo en la dirección y presentación de programas culturales. En este campo fue dos veces Premio TP y Premio Galicia de Comunicación. Así mismo, presentó y dirigió para televisión la serie documental sobre la historia del arte gallego “Galicia no Tempo”, programa que fue galardonado con el Premio del Colegio de Arquitectos de Galicia y con el Premio de Honor de la Unesco.

Obras

Fuxidíos (Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 1993). Accésit del XII Premio Esquío de poesía.
Paisaxes do baleiro (Edicións Xerais, 1999).
A luz e as súas cicatrices (Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 2006).
Desconcerto (Biblos Clube de Lectores, 2006).




Agardo e non vés
o teu silencio avanza
esférico cempés



(Espero y no vienes
tu silencio avanza
esférico ciempiés)

                      (’Paisaxes do baleiro’)



2

non saber nunca como foi

que escuras

Eva Veiga
relacións traman
a nosa lingua

inventamos un xogo
co propósito máis ou menos firme
de comprender a súa infinda
complexidade

ou se cadra é o propio xogo
o que deseña as formas
que somos ti e máis eu

a imprevisión de cada instante
a sorprendida apertura desa pálpebra
a gran Necesidade

así todo queda sempre por dicir
mentres se di

lemos
simplemente lemos
as liñas da nos aman
no empeño suicida
de acertar


4

(infancia, ese lugar)

Estás aí.
Acaso aínda,
para sempre,
en min?
Sol irradiándose.
Por que persistes
así, luz
como se a dor
non te presenciara?


34

por riba das nosas cabezas
un corazón libre avanza
entre disparos



55

NALGÚN  lugar agochado
dos teus ósos
os vales láianse dunha lingua
esquecida. Un horizonte
de aves lilas esváese
sen contemplación. A terra parece
voltar á súa antiga soidade
como un animal repregado sobre si.
Da súa propia dureza aliméntanse
eses pasos que non se oen,
a alancada que nos deixa
caendo con todo o corpo cara atrás
e a esperanza cega e cara adiante
como sempre.

(Do libro Silencio percutido, publicado por Espiral Maior, 2016. XXXI Premio de Poesía Cidade de Ourense)



Se os soños baixan como estrelas

SE os soños baixan como estrelas
a beber do día.
Se a verdade máis fonda se atopara
na incerteza.
Se sempre a luz deixa
o seu segredo sobre as cousas.
Se arrola a noite aínda máis dentro
a tenrura do volcán.
Se me ollas en silencio e o mundo
deixa de dar voltas.
Se se abrise a chuvia
nos teus labios.
Se da nube me derrota
a súa beleza.
Se o amor nos ergue
sobre a cinza.



A DISTANCIA DO TAMBOR

Hoxe, traído xa por un vento de verán, chegou o novo libro de Eva Veiga, A distancia do tambor, gañador da edición 2013 do premio Fiz Vergara Vilariño que a asociación cultural Ergueitos convoca cada ano, co apoio do concello de Sarria. Como é tradición do Fiz, o libro sae na colección de Poesía da editorial Espiral Maior que dirixe Miguel Anxo Fernán Vello. A imaxe de cuberta, suxestiva e poderosa, é do pintor Alfonso Costa.

Traballa Eva no silencio, con teimosía e con sosego, na nudez do poema que por veces desacouga. Traballa na procura do significado que non limite, senón que abra; na imaxe ou no lampo esencial, que alumee a consciencia do lector e que o emocione.

Quizais non exista máis camiño que a pureza da palabra e o prescindir de artificios, para tentar expresar e compartir o que sendo escrutable resulta inasible, acceder ao que en nós hai de certo e de misterio.

Ningún libro en Eva é estanco con respecto aos outros. Tampouco este que fonde as súas raíces na mesma terra que o anterior A frecha azul do teixo, para logo, tras beber da auga e da beleza que doen e que tremen, avanzar por outros horizontes que teñen que ver co compromiso e coa solidariedade, dos que Eva é militante implicada e comprometida.

Con emoción, deixo aquí estes poemas como mostra:



Son
o ave
que se retorce
no seu propio páramo
entre o sangue
e a palabra
por cada verso
que ascende
a vida
afonda o seu baleiro
de rancor
divídese
entre fame
e horizonte
aperta
o seu brazal
de distancia
bebe do que non hai




Ser en
ti
puro instante
que expira e abre
a un tempo
a flor do mundo




Na cicatriz
dunha pinga de auga
sobrevivir






.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada