viernes, 29 de junio de 2012

7172.- DIANA VARELA PUÑAL

Diana Varela Puñal, nada en Corme (Ponteceso, A Coruña) o 16 de febreiro de 1981, é unha escritora galega.
Trasladouse aos catorce anos á Coruña. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como avogada. Algúns dos seus poemas viron a luz na revista Xistral de Lugo, no Anuario Brigantino, Ferrol Xurídico e en El Correo Gallego. Colaboradora dos xornais Galicia Hoxe e La Opinión.

Obras

Poesía

Fíos, 2008, Espiral Maior.
Animal abismo, 2010, Espiral Maior.

Literatura infanto-xuvenil

As trovas de Midas, 2011, libro electrónico publicado en Galebook.

Obras colectivas

En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.

Premios

Premio de poesía Díaz Xácome do Concello de Mondoñedo.
Premio de poesía Uxío Novoneyra, do Concello das Pontes, no 2006.






EN LA DIÁSPORA

Descubrí la diáspora
en el desierto de un baile,
retumbaba aislado
mi nombre.

Aprendí a dibujar
con la boca
tu perfume a madera,
que recorría la línea
de la ausencia.

Aceptadas las manos,
amnistiada la palabra,
agradezco la sombra
de tu voz,
en el viaje.





NA DIÁSPORA

Descubrín a diáspora
no deserto dun baile,
ecoando aillado
o meu nome

Aprendín a debuxar
coa boca
o teu recendo a madeira
percorrendo a liña
 da ausencia.

Aceptadas as mans,
amnistiada a palabra,
agradezo a sombra
da túa voz,
na viaxe.






EN EL JARDÍN DE PLÁTANOS

I

Su cuerpo tenía el tacto de lo impermeable,
vapor que no traspasa el cristal,
calor condensada.

Quería enseñarme a bailar descalza.



II

Con delicadeza fundiste la lengua de colibrí
en mi pecho,
y nos deleitamos con el divino manjar
de la flor de plátano
que llevaste flotando contigo.

Tu pócima de pájaro
se posó en la herida que quedó abierta
al arrancar la flor,
y lentamente curó aquel dolor acumulado.

Pasaremos juntos siglos dorados,
pasearemos juntos en los jardines del mundo,
caminar,
será caminar contigo.



NOS XARDÍNS DE PLÁTANOS

I

O seu corpo tiña o tacto do impermeable,
vapor que non traspasa o cristal,
calor condensada.

quería ensinarme a bailar descalza.


II

Con delicadeza fundiches a lingua de colibrí
no meu peito,
e deleitámonos co manxar divino
da flor de plátano
que levaches voiando contigo.

O teu beberaxe de paxaro
pousouse na ferida que quedou aberta
ó arrincares a flor,
e paseniño sandou aquela dor acumulada.

Pasaremos xuntos séculos dourados,
pasearemos xuntos os xardíns do mundo,
camiñar,
será camiñar contigo.

Fíos. Espiral Maior: Poesía. A Coruña, 2009. 56 páxinas. 
(Traducción Antón Castro).




O TRASNO

I

É un triángulo invertido
que nace na fronte
e se estreita no peito.
Teño cansos os ollos
por dentro
de tanto acougalo.
Cando esperta
pídeme as mans,
e descálzame os pés
na fondura.

Só respirando amodo
e abalándoo
no alento,
amolece por un intre
o peso.



II

Como a vaga de mar que nace da calma,
así eu o presinto,
pouso da fin que en nós está.
Non é unha dor punzante no centro,
nin unha palabra ou xesto.
É un permanente arrepío na caluga
fluindo cára os ombros,
extendéndose polo eco
de cancións ocultas, atormentadas.
Faime invisible,
váiseme a forza da boca
ó lembralo
e  medro.



GROIS

¿Como se descubriría o sitio fondísimo
no que tiña agochado aquel recordo?
Vinte anos despois,
voltoume á boca o gosto dos grois con azucre.
A tarde apañándoos na Fonte da Agra,
o grande disgusto ó perder as tesoiras
e a risa sonora do ano seguinte
ó volver a atopalas, enferruxadas.
¡Como se delongaba a Atalaia
deténdome en todas as silvas!;
se me espiñaba, comía un.
Esquecida  a hora de ir para a casa,
abría a orquestra a primeira ventá
e entraba a segunda e a terceira.
Ó final, de par en par todas as ventás abertas,
chamando as nais polos fillos
nunha coral acompasada de nomes,
coa percusión axitada das nosas carreiras pola costa.
¡Avalancha de moraaas!;
logo, toda a cociña morada.
Aletexa intacta a bolboreta no peito
do galopar nervoso  para a casa,
cos grois brincando nas saquiñas.
O eco reclamante das voces das nais,
na caída da tarde.



EMIGRANTES

Na grisalla húmida dun setembro,
á volta da escola,
os bisavós calados, na cociña;
ninguén explicara aquela intromisión,
aquelas roupas enriba da cama,
aquela tristura dos seus ollos,
nos meus, a desconfianza.

Ó  meu bisavó gustábanlle as laranxas
e xiringábame zume ó partilas.
Ó pasear cantaruxaba sen abrir a boca,
marcando o ritmo coas mans,
e arrastrando os pés.
Meu bisavó era músico
e emigrara dúas veces:
a primeira vez, de mozo,
chegou a América,
a segunda vez, de vello,
á nosa casa.



LADAÍÑA POLA SALVACIÓN

I

Transitei os verticais segundos da noite
estudiando cada un
dos seus vértices,
analisando cada un
dos seus castigos,
afondando na almofada húmida,
nas sabas húmidas,
nos panos esgotados,
nas náuseas, na febre,
no aire denso, contaxiado de  berros.
Pechadas con forza resollaban as mans,
incapaces, buscando.
E tiven medo de que tanta dor,
cambiase o ulido
dos meus ollos.



II

Non falo da morte e da enfermidade,
abocados como somos a esa escravitude,
falo da miseria de sermos libres,
e escoller ser miserables,
da enteireza de sabernos
fracos, dubidosos, errantes,
e quedarnos ahí,
rotos, corrompidos.

¿Onde se enxendra a dor?,
¿quen nos concebiu
tan fráxiles e limitados?


III

Non  nego a difícultade da loita,
o veleno do rancor,
as balas do engano,
as patadas do interés,
as mentiras-caricias,
a carouta nos bicos,
deixan unhas cicatrices na cara
que non hai maneira de agochar.

Pero nada deso son eu,
se me reclaman,
alá me irei á batalla
e miles de aceites e incensos
purificaranme de novo
a mirada,
e non serei un deses noxentos armarios
que gardan cousas podrecidas.
Non serei cómplice da dor,
non se quedará en min, levedando,
arrastrándome polos pés,
anexionándome o peito,
feríndome a intelixencia.
A transparencia da luz,
liberadora, equilibrante,
é a máis poderosa das armas,
porque delas prescinde.



IV

Recoñezo que vou cansa,
asustada,
asulagadas as noites
e non exactamente por tristeza,
senón por medo.
Xa tan ferida e vulnerable,
dime, ¡dime!:
¿A que me aferro?,
e ti non dis nada.
E aférrome,
sen nada esperar,
sen ansia,
á consciencia de intuirme
a penas aire.



ECO

O mar,
os ollos abertos dentro do mar,
auga por dentro,
materia que se desgrá,
núcleo.

O mar,
respiración que se presente,
instinto,
continuidade.

Peixe ancestral repta,
busca refuxio
na atmosfera esluída,
resoa o mar
no fondo das tempas.

O eco do mar
no xerme das casas,
primeiro son,
escuridade.

O eco do mar
na orixe da conciencia.




A DOCE EXTENSIÓN

Ó arbitrio de que designio?
Doce foi a condena ó arbitrio do tempo,
do cansanzo, do acougo dos outros.
Unha extensión coa melodía do vento
no rostro, a visión da sentenza aceptada.
O esplendor. A súa plumaxe abrasa
os dedos que expulsan; sobrevoa,
coma os soños, a paz dos desamparados.
Os outros. Os que teñen a porta marcada.
Os que acordan designios en brancas
xuntanzas que non se cuestionan,
para que protexerse da noite?
Polos elixidos non pasa.
Tampouco o delicado desexo,
refuxio lene para os ollos afeitos
ás pragas da noite: O esplendor.




O CAMIÑO ATÉ A CASA

Comezaron a chuvia e o vento
cun rezume morno que
os torna máis intensos;
despréndense a xirós do ceo
os últimos restos do verán.

As rúas están perdidas;
a xente avístase ao lonxe
en tensa distancia; ninguén
se aproxima, agás os anxos.

Primeiro tres nenos co seu baile
de pasos no que un pé se arrastra
e o outro fica no ar uns segundos,
como garzas. Máis tarde a rapaza
de ollos brillantes e o último
cigarro; mensaxeira, pomba de ás
vermellas e brancas de volta á casa.

Os dous negros aurorais
cubríndose da auga coas mochilas
cheas de discos e pulseiras.
Talmente cabalos coa pel
mollada sobre un campo de herba;
rin, e os seus dentes, pingas tenras.

Ninguén se aproxima.
A chuvia e o vento, a chuvia
e o vento, a chuvia entre os anxos




SER NO SER

Os teus ollos buscan, ó mirar, algo descoñecido.
Ausente a palabra mantés intacta a antesala
na que as ideas son claras.
Tamén a ti te invade o invisíbel?

Ensumido o fío que conforma a mirada
moito antes de facerse recordo,
nalgún lugar virxe de nomes,
animal que xogas,
quen ousa distinguirnos?

Ser no ser, entra no teu corpo o aire
igual có vento a hospedarse na herba.
É humana a invención do desprezo.

Pechas os ollos para beber, estás vivo!
Así eu, animal, humildemente, respiro.




1 comentario:

  1. http://fjgarciapoeta.blogspot.com quiero participar en este proyecto tienen un mail en el que mandarle foto y poemas?

    ResponderEliminar