miércoles, 15 de mayo de 2013

BERTA DÁVILA [9826]



Berta Dávila, nacida en Santiago de Compostela el 31 de diciembre de 1987, es una escritora gallega.

Novelista y poeta, Dávila es autora de los libros Corpo baleiro, Dentro, de la novela Bailarei sobre a túa tumba (traducida al español como Bailaré sobre tu tumba), y del libro de relatos A arte do fracaso (traducido al español como El arte del fracaso y al japonés)

Premios 

Premio Minerva de poesía (2005).
XI Premio de Poesía Avelina Valladares (2007).
Premio Biblos de novela (2008) por Bailarei sobre a túa tumba.
Premio Johan Carballeira (2012) por Raíz da fenda (título provisional).

Obra

Corpo baleiro (2007, Espiral Maior).
Dentro (2008, Ed. Fervenza). Premio de poesía Avelina Valladares.
Bailarei sobre a túa tumba (2008, Ed. Biblos). Premio Biblos.
A arte do fracaso (2010, Ed. Barbantesa).






Aquí está escrito
Berta Dávila


1

Aquí está escrito 
o meu nome,
trazado sobre a primeira pedra que quixo chamarse
pedra,
consignado aínda ao centro da ferida que lastimou a frente.

Aquí está escrito para sempre
el,
porque ascende do sangue equivocado
e non sabe de pálpitos.

O meu nome
espallado sobre o frío acendido
destas cidades brancas que ás veces mal habito




2

Eu non entregarei ao azar das páxinas os meus versos azuis. 

Porque non sei dicir.

Porque ignoro quen son dentro dos sucos rotos da palabra.
Feita materia para sempre, 
ou nai.

Eu canto a ese outro que admira a escritura queimada
en silencio.




3.

Descoñezo a mesma orixe dos pasos e a súa evolución perfecta,
constante,
 irrebasable.

Eu tamén escribín poemas inútiles sobre os pasos
e outras cousas que fraguan o camiño
—eu tamén escribín poemas inútiles—

Pouco vivín
mais non esquecín nada agás o que era importante:
talvez como, quen, cando,
por que o ocaso é un signo.




4.

Que rebelión a desta pomba negra,
precipitándose ao chan estrañado da avenida maior
sen despregar as azas.










Dentro              

I

Coñecinche coas pálpebras molladas 
e a mirada perdida alén da fiestra. 
E será porque amaba a auga toda do teu corpo 
que bebín insaciable nas túas bágoas 
ata que algunhas me fixeron mal.

Descubriches que morro cada día 
(xa dende o mesmo día en que nacín) 
e, ao estares sen min, 
anulábaste nun loito inconfesable.

Pese a que nunca fun demasiado purista (a luz artificial tamén é luz) 
amo o tacto, 
e creo que as cartas non suplen ás caricias. 

Sempre me corto cos folios 
que conteñen as túas palabras, 
e a ferida do dedo axúdame a sandar 
outra ferída máis fonda, 
esa que levo debaixo das pálpebras 
molladas de presencias ausentes.







II

Esta primeira vez de ti comigo, 
de mm contigo e coas túas mans intrépidas, 
non quere ser a miña primeira vez en nada.

Esta primeira vez sabe a descubrimento. 
Non do corpo, si do teu corpo terso. 
Non do sexo, si do teu sexo efímero e froital 
Non do suor, si desas dúas gotas que percorren a fronte, 
esas mesmas que nunca desexara tantísimo...

Esta primeira vez é comprenderte intacto 
como se só a min pertencese a túa pel, 
a túa respiración entrecortada, 
a miña cabeza sobre o teu peito.

É contemplarme máis espida que outras veces, 
baixo as pestanas sen rímmel, 
cos meus olios nos teus ollos estáticos, 
espida e plena de ti, 
case inexplorada, 
conquistada e descuberta de novo polos dous.






XI

Non sei se escribo só para poder quererte 
ou se só te quero para poder escribir, 
o único que sempre tiven claro 
é que a catarse sería rosa esta tarde, 
esta noite, e a mañá de mañá. 






VII

Sabías que ninguén quería, coma min, 
ter por dentro o teu sangue e os teus ósos.

Sabías que o camiño adoita estar trazado de anternán,
que hai luces silenciadas esvarando no espello.

Sabíalo, e aínda así fuches forte, 
resistiches a chuvia, 
permaneciches quieto ata a fin do diluvio.

Non, 
nunca dixeches non. 
Rompín todo o cristal do que algún día te fixeron. 
Parte por parte derretín o teu xeo.

E pese a ser ti ao que máis rabuñaban, 
ti, á intemperie, 
ti, sempre ao borde da caída: 
eu quixen ser a débil.

Sempre, 
sempre tiveches forzas para me protexer.

Sabías que as verdades só poden revelarse no murmurio, que a rebelión máis bárbara 
comeza con sentencias en voz baixa, 
que a paisaxe pode ser comprendida 
moi afastada do marco da fiestra.

Algún día 
-xa que tes tempo eterno-
ven aquí e explícame 
por qué tiveches que chegar en barco ata o fondo do océano
por qué 
por qué tiveches que chegar en barco ata o fondo do océano
por qué tiveches que chegar en barco.



No hay comentarios:

Publicar un comentario