Luísa Villalta
Poeta, escritora y violinista coruñesa. (1957-2004).
La muerte llegó para Luísa Villalta de un modo inesperado, por causa de un paro cardíaco, el 6 de marzo de 2004. Tenía 46 años y una vida llena de ocupaciones, proyectos y esperanzas.
Villalta inició su obra poética en 1991 con Música reservada, al que siguieron los poemarios Ruido (1995) y Rota ao interior do ollo (1995). Las referencias musicales en sus obras no eran casuales. Intérprete y profesora de violín, Luisa Villalta "era muy consciente de que el ritmo no es una cuestión puramente ornamental. En él late una forma de conocimiento distinta, no racional", según escribió en el canal Vieiros.como el profesor de teoría literaria de la Universidad de Santiago, Arturo Casas, para el que la escritora desaparecida representaba "una importantísima línea de indagación poética, no especialmente reconocida". "Su esencia personal y creativa era una fusión, una doble pertenencia a la música y a la poesía", decía ayer su editor, el poeta Miguel Anxo Fernán-Vello.
En los últimos años, Luisa Villalta publicaba en Portugal, sobre todo en libros colectivos. El regreso editorial a Galicia se produjo el pasado mes de enero, cuando ganó el XII Premio Espiral Maior de Poesía con su libro En concreto, todavía inédito.
En narrativa había publicado Silencio, ensaiamos (1992), las novelas Teoría de xogos (1997) y As chaves do tempo (2001), y en teatro, Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das Esfinxes (1991) y As certezas de Ofelia (1999).-
A ESTACIÓN
Onda nós nunca pasan os trens.
só chegan ou parten.
Por iso tamén somos nósLuisa Villalta
a nosa última estación
o noso amor definitivo.
Así podemos marchar
no único sentido posibel
ou esperar o avalo dos viaxeiros
para sentirnos expandidos nas miradas extrañas
que chegan arrastrando as bambalinas do mundo.
Onde nós non hai nunca outro destino
que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo.
Máis alá
máis alá somente o mar
e a incertidume da luz
o extremo
o abismo
o espello detido en nós.
LUISA VILLALTA, POR XOÁN ABELEIRA
Xoán Abeleira é un estupendo traductor e poeta. E tamén un amigo dos seus amigos. Unha das súas amigas na Coruña era Luisa Villalta, profesora de música e poeta. Tamén columnista. Coñecín a Luisa nun viaxe a Andora e desde daquela fomos moi bos amigos. Enviábame os seus libros, víamonos na Coruña. Era unha muller garimosa. Xoán publicou este poema nun dos seus mellores libros: ’Pan de ánimas’. (Xerais). Copióo aquí coas súas notas.
LUISA VILLALTA
O 8 de marzo do 2004, coincidindo co Día da Muller Traballadora, foi enterrada, a carón da miña casa, a poeta Luísa Villalta. Aquela mañá fría e neboenta aconteceume de súpeto todo iste poema que hoxe volvo deixar eiquí en homenaxe a ela, sempre lembrada, e en protesta polo ignominioso xeito en que o goberno da Xunta de Galiza pretende festexar esta xornada tan gloriosa:
8 DE MARZO
Vai frío na túa morte, e
Bruído, unha man–
Chea de bruído, e mesmo
O sol de hoxe se nos asemella
Ise avespeiro xeado
Por cuxos buracos
Soa o sieiro, zoa o buzarro, todo
Cheo de bruído.
Dende que punto
Inconmensurable
Disoutro estado
De teu,
Disoutro estadio
De teu
Procuras a túa música?
Dende onde
Nos chamas, nos fitas
Nos buscas?
Vai frío na túa morte,
Todo está frío alén
E aquén da túa morte, nós
Temos medo, nós non te temos, nós
Temos só dentro de nós
Esta baleira anguria.
(Do libro "Pan de ánimas")
Os teus pasos de home e os meus
sempre se cruzan , ao non saber onde van.
Oblicuamente esvaes os ollos até a miña imaxe
ao ponto en que pergunto que é o que ves
através do meu espello pesado como a soedade.
Unha muller, contestas, e non miras
como me estraña ficar no ceo da tua voz vacia. (...)
Pergunto outra vez, a cada un que pasa,
se de verdade son unha muller, o que é iso,
se me enganaron sempre ou teño algun camiño.
Todos os que me van cruzando non me acertan.
Sen embargo o que son, unha muller, ao cabo é todo
o que sei de min no espello en que me levas.
Para que aprenda a nova ti me apertas
cos brazos indecíbeis de ternura
do meu alimento á tua transcendéncia.
O meu camiño fixo-se-me extranxeiro, estou perdida
nen meu, porque é teu, nen xa imaxe,
porque non sei que levas no fardo do corazón.
Pero se non me ves, es ti quen erra.
Luísa Villalta, “Os teus pasos de home...”, Ruído, 1995.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario