viernes, 29 de junio de 2012

7171.- DANIEL SALGADO



Daniel Salgado es periodista, nació en Monterroso (Lugo) en 1981, y en su trayectoria poética ha conseguido dos importantes premios. Uno de ellos fue el II Premio Uxío Novoneyra, con su obra 'Sucede', y el otro lo ha conseguido recientemente con 'Días no imperio' y es, además de uno de los galardones literarios mejor dotados dentro de Galicia, el premio de poesía más veterano: el XXIV Premio Esquío, promovido por la Sociedad Valle-Inclán y Caixa Galicia.

Obra

Poesía

Sucede, 2004, Espiral Maior.
Días no imperio, 2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
Éxodo, 2006, Xerais.
Os poemas de como se rompe todo, 2007, Sotelo Blanco.
Ruído de fondo, 2012, Xerais.

Traducións

Ouveo, de Allen Ginsberg, 2007, Positivas.
Poesía última de amor y enfermedad, de Lois Pereiro, 2012, Libros del Silencio, Barcelona.

Obras colectivas

Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Premios

Premio de poesía Uxío Novoneyra no 2002, por Sucede.
Premio Esquío de poesía no 2004, por Días no imperio.




Estar aquí,
así,
algo vivo,
contra o mar,
entre autobuses,
doe,
pero menos
que nun acampamento
de refuxiados.


(De ‘Sucede’, 2004)





POESÍA E POLÍTICA

Hai tempo  xa de case todo e tamén do último verán, 
o que vivimos arrimados, con vertixe
de libro de historia, máis ben evitando calor e apertas,
serios porque o impoñen a luz e as condicións obxectivas
da nación, as cancións cos zapatos de Woody Guthrie
e o desprazamento das mellores mentes da xeración de noso,
definitivamente contrarios a expulsarmos nada que non sexan
adxectivos, gañados para refacermos un sitio onde estar,
tantas cousas que non nos acontecen na pel pero
que queiman, que estragan, que cercan, que abren,
sen posibilidade de que o asunto chegue a lugar diferente
nin de que diga que escolle outras praias máis agradecidas 
nin  de que hoxe e agora ceguemos ocos na palabra,
e abofé que non imos negar conforto, comodidade, morneza,
ás cafetarías, só que non se trata de anchura
senón de cómo respiramos, qué incorpora en nós o arreguizo,
quen acompaña os días, 
quen acompaña os días ou quen non escribe o poema político,
cando habemos entrar nas espléndidas cidades.

(De: Os poemas de como se rompe todo)




EXERCICIO DE OPTIMISMO

Imprescindíbel a razón emancipatoria.As caixas
rotas. Cómpre contar co sol no xardín e coa
velocidade da luz.Coa puntuación ortográfica
da sección metal.Todo este país so a hora das nove
en xuño.E unha man na caluga de que estás.

(De: Os poemas de como se rompe todo, 2.007) 






the illusions of postmodernism

case había ser mellor
recuperarmos
os grandes relatos de emancipación.

non por nada,
pero mira vas andando pola rúa e cada rostro marca
o noso tempo amortallado. prestos

para demolición.
o enreixado entre mans pechadas
existe. e
na parte de atrás de todo
a nova orde mundial acumula bocas cosidas.

sempre deixa de chover e dos edificios modernos
non se sabe a entrada e ti corres os ollos
porque
arestora
cómpre ver a cousa enteira.

quince de xuño

(de días no imperio, 2004)





A fin da historia

[F. Fukuyama]

Conta Outeiriño que en Londres,
no cemiterio de Highgate,
os ionquis van roubar flores
á tumba de Marx.
“Porque aínda ten flores,
señores,
aínda ten flores”


(do volume colectivo Ajustiçar a história, ganhar a dignidade. 
21 Festival de Poesia do Condado, 2007)




o país no burato

‘Cantaremos o desencontro:
A vida errada num país errado’
Sophia de Mello Breyner Andresen


Dimensionamos, apertamos, apartámonos,
articamente, consideramos coordenadas,
procesos históricos, maneiras de inventarmos
símbolos para a liberación: o mito dos
xeonllos feridos, as engurras do cóbado, os
nocellos de metal impoñendo unha política
exterior de seu. Entrementres, a moleza da sección
de corda, isto é, unha orquestra contra o declinio,
(non é lícito recorrer á infancia, non o fagas
a non ser que chova e así xustificamos
tanta luz e tanto labio e mesmo algunha
que outra pedra preciosa, algún plástico,
aqueles paseos cando non sabiamos do país
e menos aínda do burato). Eran
os anos de chumbo. Medimos a erosión
na lingua, trazamos poucas noites coma esta,
coa xanela aberta e airexa que nos pegue
un arreguizo e apenas temos noción
de nomes patrimoniais para as plantas. O que
si temos é un país escuro e unha gorxa
case entre azougue e razón e interposta de
todo o poder á asemblea e folga salvaxe e tamén
digna militar estremecida segura adverbial-
mente sen proverbios e orfa de frase feita e
tampouco auga máis fría ca no fondo
da caverna. Renxe polas costuras o país
que centra o poema e que debe arder
antes de posuír a certeza de que sobreviva.
Porque, quen precisa outro país, a que
vén a luz do día, que. Amola, alporiza
esta época, cando non hai caso nin mal
que por ben non veña e a filosofía
conservadora non é o mesmo ca conservación
da filosofía, esta época, cando nadamos
no que esboroa ou nos elementos que
exceden da formulación orixinaria da nosa
vida. E esta é a vida. Estas son
as condicións. Este é o país. Aquí chove
e por veces apróbase un prognóstico reservado
de tan apagado, e sequera escintila
un cristal ao sol en xuño e os nosos
mortos desaparecen como desaparecen
as identidades fortes e a concepción dura
dos traballos e dos días. E os nosos
mortos, os nosos mortos cumpren a función
dos mortos, estreman a calor dun domingo,
sentan connosco nas terrazas e métense
na vida amábel, entran no que de mol
presenta esta actitude de agardarmos
as trabes encouzadas, as pantasmas da casa,
a loita continúa, a impresión que dan
os nosos mortos nas horas máis claras do ano,
a interrogación ou os brazos pendurados
para ver de xulgarmos os pratos rotos
do país. Nacemos veces, pomos primeiras
pedras, escrituramos o nivel de radiación
e o carácter enxoito da nosa poesía erótica,
bicamos coma quen que o xeo do café. E
dicimos éche o que hai / días de moito,
vésperas de nada / dálle que non mira /
e tamén érache boa / ben nos cómpre /
si home si. Este é o país, estas son
as cousas do país. Non fica ninguén
e no entanto imos librando, tampouco
é que o asunto torne triste pero a lámpada
dura o que dura e a rede dos amigos
non dá para termar de nós. As semanas
nunca deixan de se esgotar
e no terreo dos dedos roídos
ábrese un mar e se todo fose mar igual
ca en certos poemas que esquecen case todo
agás o mar e funcionan nas derregas hexemónicas
da clase hexemónica e son exacta e ardente-
mente aliados obxectivos dos aneis de ouro
da pedra pómez do almafí nas billas da quincalla
e quizais talvez se cadra
os que reciben sombra e odor a libro vello
nalgunha esquina do país que é este e que
gasta chapeu sen aba ancha porque este país,
ao cabo, non gasta chapeu. Nin gasta
máis que habitantes e trata de negar
a superficie e as camas e prefire non comer.
Este país que devora e que pasa o ferro
e que leva por diante e que non quere
apagar a luz. Non existe físgoa e os muros,
os arames, a lisura, a baixa intensidade
dun terror así. As estancias das que non se dá
saído. Convocados á explosión dos ollos,
co inútil da forza do noso amor, nos
tempos ásperos, arrodeados, imposíbeis,
escapados ou fóra de aceptación, inimigos
íntimos da esencia e do cascallo,
nada que non sexa acumular liñas rotas
e idioma padexado, madrugadas mordidas,
rancores adiados, mensaxes anónimas,
un imaxinar que eramos e resulta logo
que non, que nin treme a terra nin
o río arrastra limos alén das marxes,
nin se nos desfán as liñas das mans nin
onde nin como nin porqué. E non hai canon
que nos abeire
nin poema abondo para tanta intemperie.

(de Os poemas de como se rompe todo, 2007)









No hay comentarios:

Publicar un comentario