lunes, 26 de marzo de 2012

6355.- BELÉN RICO PRIETO


Belén Rico Prieto (A Veiga, ASTURIAS 1959) é maestra. Gústaye dicir que nacéu entre as incras y el olor del pan, recordando os oficios da súa familia. Escribir é pra ella úa necesidá vital, peró hasta hai pouco nun se decidira a publicar miga del qu’escribía. Foi na revista Lletres Asturianes 89 (2005) condo víu a lluz a primeira prosa —«Un rosario de muyeres (tres misterios y unha letanía)»—. Ten participao en recitales poéticos na súa Veiga natal, peró a súa poesía nun conocéu a lletra impresa hasta que publicóu dalgúas na revista Lletres Asturianes 95 (2007). El grupo folk Darbukka canta úa poesía d’ella, «Fálala», que dá nome al primeiro disco d’esa formación veigueña.


Herencias


Heredéi
ouguido pra sentir
a incra y os martelos,
a canción del malvís.


Maos lixeiras,
qu’espriguician
sonos y piden
caricias.


Corpo abundante,
osamenta menuda,
cabeza buligueira
chea de nubes.


Boca como un angazo
que dice toluras,
menos das que penso.


Heredéi unha fala
qu’esqueice
col tempo.








A TRAVIATA


Sei de ti,
os teos oyos
avesíos
falan abondo.


Anselas que foron,
abalencios,
argolas,
son adoladeiras.


Como el augua
nunha cesta de bringas,
a mía pena
vaise baleirando,
amolecendo.








CARTA A GENEROSA


Traime unhos escarpíos de la,
aquí hai un neno. Dezaséis anos
ten. Ten papel e lápiz, escribe.
Pro ten frío, fame, medo. Traime
tamén pan, vale de meiz, qu’el trigo
xa sei eo que ta detrás dos montes.
Cuando veñas, nun chores, ri ben.
Trainos as túas xógaras brancas
pra entre os mares d’estas penas nosas.
Traime a túa boca colorada
como as cereixas, como el sangre
del compañeiro que se foi ayer.
Nas alxabas trainos tamén
botóis ou fabas, pra poder xogar
xuntos al alduño. Acoquinaos
en parexas. Nesta cárcel nun se
pode falar d’outro xeito. Que nun
ch’esqueizan el pan, nin os chapíos,
nun ch’esqueiza rirte. El neno espera.
Anda lixeira, vente lougo, que
mañá el neno pode ser outro
dos que leven de paseo. Ningún
volvéu. Tampouco ha volver él.
Nun ha fer falta qu’as campás toquen
a festa. El rapaz, anxelín,
vai tar cos outros. Xogando libre
al alingole, entre más mortos.










EO


Veis
d’unha terra de souria,
e nun ves
qu’eo nun vivo sin barruzo,
que nun respiro,
que nun alento.


SON
como un xunco da ribeira,
tesa y erguida,
que dobra col vento.
¡Déixame aquí coa orbayada!
¡Déixame coa xelada!
Deixa que chova por min.


EO
hei deixarche,
todas as fontes.
Pra ti e prá túa sede,
abonda
augua.








Praos de lin


Nos praos de lin,
centos d’oyos azules
míranme conformes,
inocentes.
Míranme
e marmelan al meo paso:
cul.pa.ble.


Son culpable,
que nun los deixo
fendidos col meo corpo,
fincado noutro corpo
cómplice del meo:
estragayando,
estrapelando,
arrestroyando el herba
dos praos de lin.


Inocente é a escavadora
que los espolia pra sempre,
arrancándoyes a raíz
hasta da mía memoria.



No hay comentarios:

Publicar un comentario